Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 09 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A “RPT” do Concello estará en vigor o 1 de xaneiro de 2020

A administración municipal de O Porriño remitiu á Deputación o texto da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello para a súa publicación en el Boletín Oficial da Provincia (BOPPO), requisito imprescindible para completar a aprobación definitiva deste documento. Non obstante a súa entrada en vigor será diferida conforme pactaron comité de persoal e goberno municipal. Será a partires do 1 de xaneiro de 2020.


A “RPT” establece que a plantilla do Concello sexa de 105 traballadores máis 20 que serían de nova creación. Determina o organigrama administrativo e establece doce departamentos.


Lourdes Moure, concelleira de Persoal e Fazenda valorou que “deste xeito resolvese unha eiva despois de 15 anos de enquistamento con gobernos e alcaldes anteriores”.    


“Estamos diante da primeira Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello que iguala ós funcionarios de O Porriño cos concellos limítrofes tanto en tarefas coma en retribucións”, suliñou a concelleira Moure Varela, que lembrou que “tratase de un feito histórico xa que regulará tanto as tarefas coma as retribucións dos funcionarios como do persoal laboral”.


A aprobación inicial da RPT realizouse no pleno municipal do 6 de maio e  a definitiva na recente sesión do 30 de outubro. En ambos casos por unanimidade. Ó respecto Lourdes Moure díxou que “boa proba de que fixemos os deberes é que o comité de persoal agradeceu a a esta concelleira o traballo feito ata acadar este acordo unánime”.


O catálogo de postos de traballo e organigrama municipal negociouse polo goberno municipal coa xunta de persoal. Os delegados de UXT, CCOO, CIG  e CSIF aprobaron o documento por unanimidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.