Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 06 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

David Regades: "foi Sánchez o que puxo en vías de solución a conexión de Vigo coa A-52”

O secretario xeral dos socialistas da provincia de Pontevedra lembra que o proxecto do novo túnel, que xa se está redactando, resolve unha obra na que ao PP lle caducaron os trámites ambientais

A caravana electoral socialista pasou por Mos cun mitin no que participaron o secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, David Regades; o candidato ao Senado Alejandro Figueroa; a portavoz municipal e deputada provincial Victoria Alonso e a cabeza de lista ao Congreso, Olga Alonso.


Durante a súa intervención, David Regades comparou a diferencia no trato a Mos e a toda a área de Vigo dos gobernos presididos por Mariano Rajoy e Pedro Sánchez. Mentres Rajoy deixou caducar a tramitación ambiental dun proxecto, nunca executado, para a prolongación da A-52 ata a cidade olívica, Pedro Sánchez asumiu un compromiso serio para redactar un proxecto novo, baseado nun túnel de 2 Km baixo o alto de Puxeiros, que dará solución definitiva ás comunicacións coa Meseta.


Regades lembrou que Ana Pastor era ministra de Fomento durante parte desa época de incumprimentos. “Unha ministra que pasará á historia como a que máis inflaba os Orzamentos do Ministerio con investimentos que nunca se chegaban a executar e que só eran confeccionados dende o punto de vista propagandístico”. A prolongación da A-52 non foi unha excepción. “Foi o Goberno de Pedro Sánchez o que puxo en vías de solución unha obra na que Rajoy e Pastor fracasaron”, recalcou.


O equipo de Pedro Sánchez, engadiu, deixou adxudicado este verán o proxecto de execución e a nova avaliación ambiental e xa pediu os informes necesarios para determinar as infraestruturas e servizos existentes para compatibilizalos cun proxecto que vai alcanzar un orzamento estimado de 277 millóns de euros e que inclúe o túnel que o binomio Rajoy-Pastor non quixeron executar.


Na súa intervención David Regades tamén falou da vocación de servizo á sociedade dos socialistas, que son quen de traducir o voto popular en poder institucional ao servizo dos intereses xerais. Así lembrou que o PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra traballa dende a presidencia da Deputación, da Zona Franca, da FEMP e agora tamén dende a FEGAMP para converter en realidade proxectos que melloran a vida da xente, en estreita colaboración cos concellos, como corresponde a un partido profundamente municipalista.


A cabeza de lista, Olga Alonso, falou do orgullo de formar parte dunha lista profundamente apegada ao territorio e na que están representadas boa parte das comarcas da provincia e así referiuse a Alejandro Figueroa como unha proba delo. “A cada sitio que vamos temos un candidato da terra e iso non pode dicilo ningunha outra candidatura”.


A deputada provincial e voceira socialista en Mos, Victoria Alonso, cargou contra as mentiras ás que nos ten acostumados o PP, "cando gobernaba Rajoy e estaba Ana Pastor nos decían que pronto habería un túnel  de Vigo a Porriño cando no había nin proxecto", "igual acontece co paso elevado para os peregrinos na N-550, que agora tamén anuncian cando non hai nada de nada", dixo a voceira socialista, quen denunciou que o PP rise da veciñanza mosense, ignorando aos concellos que non son da súa cor política mentres denuncian a actuación da Deputación de Pontevedra que si transfire fondos de xeito equitatativo.


Alonso chamou a atención sobre o feito de que ao PP, ao respecto da prolongación da A-52, só lle interesa facer unha saída para a cidade deportiva do Celta precisamente nunha das curvas máis perigosas e con máis concentración de accidentes de toda Galicia. "A alcaldesa de Mos só se preocupa de petar na porta de Mouriño, pero non se lle ocorre petar na da Zona Franca para traballar xuntos pola creación de empregos e a xeración de músculo industrial que favoreza ao conxunto das veciñas e veciños de Mos", afirmou a voceira socialista. “No PP é habitual que traballen para os ricos, pero a alcaldesa de Mos bate o récord, porque ela traballa para un só rico”.


Pola contra, Victoria Alonso destacou que aos socialistas preocúpanlle cuestións como o colexio de Atín, ao que por fin se lle están facendo as reparacións precisas grazas á insistencia de Alejandro Figueroa, quen tamén participou no acto facendo fincapé na importancia de votar o domingo "para dicirlle ben alto ao Partido Popular que as súas políticas clientelares non teñen cabida neste século, para parar á ultradereita, deixándolles claro que os discursos de odio e discriminación non representan á sociedade actual, igual que os cambios de posición para gañar un puñado de votos". Por todo isto, "só Pedro Sánchez pode encabezar un goberno forte, con proxecto, que ten respostas para as cuestións que o Estado ten sobre a mesa", afirmou o candidato ao Senado por Pontevedra, quen destacou que o importante é que "temos á vosa confianza, como vimos demostrando nos últimos comicios" polo que só lle pediu ao PP "sentidiño" para asumir que o PSOE é o único voto posible para seguir avanzando en ecoloxismo, en feminismo, en traballo e dereitos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.