Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 07 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Regades e Ferreira "Gondomar non pode perder o compromiso de ampliar o Polígono da Pasaxe"

O alcalde destaca que a actuación que proxecta a Zona Franca suporía a creación de preto de 3.000 postos de traballo, o que demostra o compromiso co emprego industrial de calidade das institucións presididas polos socialistas

Gondomar non pode permitirse a menor incerteza diante do proxecto estratéxico, auspiciado pola Zona Franca, para ampliar o polígono industrial da Pasaxe. Unha ampliación de 400.000 metros cadrados que supón un investimento de preto de 20 millóns de euros por parte da entidade pública que xestiona o desenvolvemento industrial ao redor de Vigo. Así o afirmou hoxe o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, durante a visita do secretario xeral do PSdeG-PSOE e delegado do Estado na Zona Franca, David Regades.


Na visita participaron tamén os candidatos ao Congreso pola lista socialista Ángeles Marra e Miguel Ferreiroa, así como membros do Goberno local e membros da Agrupación local miñorana.


Ferreira destacou que hai un traballo feito, entre institucións que colaboran lealmente, e agora toca seguir impulsando para convertelo nunha realidade no menor curto prazo posible. “Hai moitas empresas chamando á porta porque este polígono ten unha situación envexable, a cabalo entre Vigo e Portugal, e cun acceso directo á autopista”. “Non nos podemos permitir a menor incerteza e que o PSOE estea nas institucións é garantía de colaboración cos concellos”, recalcou.


David Regades explicou que trátase dun proxecto sectorial de incidencia supramunicipal porque os terreos para esta ampliación, que sería a segunda, do polígono da Pasaxe inclúe aos municipios de Gondomar e, parcialmente, ao de Vigo, “pero o importante é que achega novas oportunidades para consolidar a posición de liderado da área de Vigo no sector da automoción e para crear postos de traballo sostibles, dende o punto de vista ambiental, e de calidade, dende o punto de vista laboral”.


Francisco Ferreira lembrou que o polígono naceu en 1964 co asentamento da primeira empresa nunha situación completamente irregular. Non foi ata 2016, xa con Ferreira na Alcaldía, que se logrou a regularización urbanística de todo o ámbito que hoxe é un auténtico pulmón económico para todo o Sur da provincia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.