O CONDADO
A Xunta solicítalle á Confederación Hidrográfica fondos para cofinanciar o saneamento de Salvaterra
A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, abordou esta intervención coa alcaldesa do municipio pontevedrés, Marta Valcárcel
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de solicitarlle á Confederación Hidrográfica Miño-Sil que destine fondos europeos consignados a Galicia para impulsar conxuntamente as infraestruturas de saneamento de Salvaterra de Miño, e en cuxa bacía se sitúan as actuacións proxectadas.
Vázquez Mourelle, tras manter esta semana unha reunión coa alcaldesa de Salvaterra, Marta Válcarcel, vén de trasladarlle ao presidente da CHMS a proposta de dirixir unha parte dos 56 millóns de euros dos fondos europeos destinados Galicia -e que van a ser inexecutables no período inicialmente previsto- ás obras proxectadas polo municipio pontevedrés nesta conca de competencia estatal.
Para avanzar na colaboración, a Xunta remítelle á CHMS os correspondentes proxectos técnicos destas actuacións, que se estiman precisan dun orzamento próximo aos 2,4 millóns de euros
Trátase da execución da nova Estación Depuradora de Augas Residuais do Mendo, e os colectores de saneamento na parroquia de Santa María de Oleiros, para os que a Xunta ofrece a CHMS a súa cofinanciación e a colaboración co Concello de Salvaterra de Miño.
Co obxectivo de avanzar na colaboración co organismo hidráulico estatal cara a materializar estas actuacións, cuxas obras se estiman precisan dun orzamento próximo aos 2,4 millóns de euros, a conselleira remitiu tamén ao organismo hidráulico estatal os correspondentes documentos técnicos proxectados polo Concello e supervisados por Augas de Galicia.
Ethel Vázquez sinalou a súa confianza en que a CHMS actúe con celeridade e dilixencia na execución deste fondos europeos, xa que o período operativo ten unha data límite e non se pode permitir que estes fondos se poidan perder, xa que teñen que quedarse e investirse en Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40