Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 08 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Catro mozos portugueses "secuestran" un chófer dun vehículo de aluguer

Tras pasar polo xuzgado os catro mozos quedaron en libertade con cargos.

A Policía Local de O Porriño esclareceu un caso de secuestro do chófer dun vehículo dunha empresa portuguesa de aluguer con conductor. O chófer foi retido, presuntamente pola forza, por catro mozos tamén portugueses que viñan “de marcha” por varios días e que foron detidos por axentes locais de Porriño a través dun control policial efectúado na rúa Antonio Palacios. Previamente o vehículo de aluguer, un Seat León con matrícula portuguesa, foi avistado na subida á Risca facendo unha maniobra brusca polo que se activou un operativo.


Os axentes que interceptaron o vehículo comprobaron que o conductor presentaba un hematoma no ollo dereito e un traumatismo craneal. Dentro do vehículo había catro mozos portugueses, un deles menor de idade. 

 
O conductor recoñeceu entre bágoas que levara ós mozos desde Oporto ata Vigo o luns 5 e que cando lles manifestou o martes 6 que quería regresar a Portugal, impedironllo con golpes. A declaración do chófer concorda cunha denuncia presentada en Portugal por detención ilegal dese conductor. En consecuencia os catro mozos foron detidos, abrironse dilixencias e remitironse ó xuzgado baixo una acusación de presunta detención ilegal.

 

Tras pasar polo xuzgado os catro mozos quedaron en libertade con cargos.


Pola súa banda a víctima foi trasladada polos propios axentes ó Centro de Saude para ser atendido das lesións que presentaba.


Dase a circunstancia de que o esclarecemento deste caso de secuestro sobreviño cando a Policía Local despregaba o pasado luns una operación de “peche perimetral” al recibir noticia de que esa noite acababa de ter lugar un roubo con forza nun chalet dunha urbanización próxima.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.