PROVINCIA
A Xunta publica as expropiacións para a mellora da seguridade viaria na estrada PO-551
Nas vindeiras semanas a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará o levantamento de actas previas para iniciar as obras no ano 2020
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de publicar esta semana no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto de mellora de seguridade viaria na estrada PO-551, ao seu paso polos Concellos de Bueu e Marín, cun orzamento de máis de 1,2 millóns de euros.
O Decreto de utilidade pública comprende as expropiacións das 32 fincas necesarias para a mellora da seguridade viaria nesta estrada de titularidade autonómica, sendo as actuacións máis importantes a construción de dúas novas glorietas nas zonas de Lapamán e Agrelo en Bueu, e a mellora dunha intersección no termo municipal de Marín.
Trátase dun proxecto que define actuacións para a mellora da seguridade viaria Galicia 2016-2020, redactado no marco da estratexia que está a desenvolver a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para intentar reducir os “puntos negros” da rede autonómica de estradas.
Nas vindeiras semanas a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará o levantamento de actas previas, e a licitación das obras se prevé para este ano ou principios do seguinte, para executar as mesmas no 2020.
Entre as actuación previstas nesta estrada destacan como actuación máis importantes a execución de dúas novas glorietas nas zonas de Lapamán e Agrelo en Bueu, así como a mellora dunha intersección no concello de Marín.
Na intervención inclúese a execución dunha senda que dará continuidade ata o acceso á praia de Lapamán
Máis en detalle, como principias intervencións proxectadas están a mellora de interseccións, destacando a construción de dúas glorietas no acceso á praia de Lapamán e na intersección coa estrada provincial EP-1304, e a mellora da intersección de acceso á Praia de Agrelo, no punto quilométrico 8+950. Na intervención inclúese a execución dunha senda que dará continuidade ata o acceso á praia de Lapamán.
Tamén se reforzará a sinalización dos pasos de peóns existentes nas parroquias de Cela e Bueu, coa instalación de semáforos con pulsador en dous deles e sinalización luminosa nos restantes. Estas actuacións incluíronse no proxecto a pesar de non atoparse os pasos de peóns no treito cualificado coma TCA, pola súa conflitividade.
Outras actuacións complementarias serán a instalación de captafaros, a substitución dos postes das barreiras por outros menos lesivos e renovación da sinalización horizontal.
Incorporación de melloras no proceso de información pública
Tras a análise das alegacións presentadas, o proxecto incorporou ademais novas melloras nesta actuación do departamento de Infraestruturas da Xunta.
En concreto, introduce o cambio de configuración na glorieta de Agrelo, que se desprazou á intersección contigua da inicialmente prevista para reducir a súa afección. Tamén na glorieta de Lapamán se realizou un axuste para reducir ocupación, pero de menor entidade, e se mellorou a conexión peonil coa vía de baixada á praia, habilitando ademais unha nova zona de aparcamento.
A maiores inclúese na actuación a mellora da intersección do punto quilométrico 7+320, no Concello de Marín mediante a execución dunha cuña de saída que mellora a visibilidade e a seguridade.
Plan de Seguridade Viaria
Esta actuación enmárcase no Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020, que o departamento de Infraestruturas da Xunta está a desenvolver para reducir a accidentalidade dos tramos de concentración de accidentes das estradas de titularidade autonómica, estando prevista a execución de actuacións que superarán os 15 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184