PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra dá un paso máis na posta en marcha de Depotermal 2020
Carmela Silva: “Con esta iniciativa xeramos economía, mantemento de emprego e, o máis importante, facilitamos o turismo de saúde”
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, en Xunta de Goberno, o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do servizo de xestión, desenvolvemento e execución do programa de termalismo social Depotermal 2020. Este ano, a institución provincial aumenta o investimento destinado a esta iniciativa ata un total de 126.667,84 euros para facilitarlle ás veciñas e veciños da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento satisfactorio. “Con Depotermal xeramos economía, mantemento de emprego e o máis importante, facilitamos o turismo de saúde”, enxalzou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.
O programa de termalismo social da institución provincial contará con preto de 4.500 prazas para as dúas modalidades, con pernoita e sen pernoita
Neste eido, Depotermal facilita o acceso ao turismo de saúde ao tempo que serve como plan dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento dos postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade. Amais, o programa de termalismo da Deputación de Pontevedra busca fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico. Deste xeito, impúlsanse os movementos de participación e cooperación social que promovan espazos de encontro e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade.
En concreto, esta edición de Depotermal oferta dous programas termais cun total de 4.434 prazas: 1.248 para a modalidade de asistencia diaria e 3.186 para a modalidade con pernoita. “Depotermal 2020” está dirixido a persoas empadroadas na provincia nadas antes do 1 de xaneiro de 1970, ou aquelas que nacendo con posterioridade son pensionistas, teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% ou precisan dun respiro familiar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184