PROVINCIA
O goberno de Carmela Silva impulsar as plantacións de froitos do bosque ecolóxico
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, resaltou a “nosa aposta por iniciativas enmarcadas na defensa do medio ambiente e de apoio ao medio rural”
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o proxecto "DepoFroitos", relativo ao cultivo de froitos do bosque ecolóxico, iniciativa que enmarcase dentro de "EmpleaVerde", o programa do Ministerio para a Transición Ecolóxica cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
A presidenta da institución provincial subliñou que “na Deputación seguimos apostando por iniciativas ligadas á defensa do medio ambiente cara á transición ecolóxica e o apoio ao medio rural, apostando por crear novas actividades que permitan o mantemento da poboación no territorio, grandes eixos deste mandato”.
O obxectivo xeral do proxecto é impulsar a creación de plantacións de froitos dos bosques ecolóxicos, sobre todo en terreos abandonados, e mellorar a capacitación e a profesionalización das persoas emprendedoras que queiran dedicarse a esta actividade. Carmela Silva tamén detallou que “a través deste proxecto crearase un servizo de acompañamento específico para as empresas de nova creación relacionadas co cultivo de froitos do bosque. A través del proporcionaráselles información e asesoramento na tramitación de axudas e subvencións, na elaboración de plans de viabilidade técnica, económica e financeira, e acompañamento técnico na iniciación dos proxectos empresariais”.
Deste xeito, promoveranse as seguintes accións: elaboración de estudos técnicos de parcelas para o posible cultivo de froitos do bosque a través estudos climáticos, edafolóxicos, estudos da auga de rega, do material vexetal, de mercado e de rendibilidade, e creación dunha agrupación comercial para reducir custos e obter maiores beneficios ao situar o produto a prezos máis competitivos. Amais, a presidenta da Deputación apuntou que “para reforzar estas accións utilizaranse dúas ferramentas innovadoras que son un simulador de negocio sobre o cultivo e a comercialización de froitos do bosque e unha aplicación para facilitar a internalización das súas vendas, cunha serie de recomendacións de actuación”. Cada persoa destinataria do proxecto terá un servizo de asesoría e consultaría gratuíto na modalidade en liña (email, teléfono e WhatsApp). Así poderán recibir o apoio necesario para que sexa máis fácil xestionar a creación e o mantemento da súa nova empresa relacionada co cultivo, a elaboración e transformación de froitos do bosque.
Os froitos do bosque son un tipo de froita de recente introdución no mercado español que nos últimos anos medrou considerablemente e que está a ter unha grande capacidade de comercialización. Silva sinalou que "este tipo de explotacións poden ser moi rendibles se se atopa un modelo óptimo de comercialización da froita, sobre todo se o destino final é o consumo en fresco, xa que esta alcanza un alto prezo no mercado" e rematou apuntando que “para producir estes froitos precísase dunha elevada man de obra, polo tanto con este proxecto incentivarase tamén a oferta de traballo e, así mesmo, pretenderase fixar a poboación rural en localidades cuxos ingresos se obteñen fundamentalmente no sector agrario”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184