GALICIA
Xunta e Fundación Andrea apoian ás familias con menorescunha enfermidade longa
A conselleira de Política Social, Fabiola García, acordou coa presidenta da entidade, Charo Barca, dar continuidade ao programa denominado Soporte Vital
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou esta semana a solidariedade e a tarefa que desenvolve a Fundación Andrea, sempre ao carón das familias con nenas e nenos que padecen enfermidades longas ou terminais. Díxoo tras renovar co presidenta desta entidade, Charo Barca, o convenio de colaboración co fin de dar continuidade ao desenvolvemento do programa Soporte Vital, dirixido a apoiar ás nais e pais con escasos recursos que teñen un fillo nesta situación.
Política Social achega 10.000 euros para facilitar que as familias poidan afrontar os gastos que se produzan polo tratamento médico dos menores tanto no fogar como no hospital. Trátase de que estas poidan afrontar os custes de traslado, aloxamento e manutención, a asistencia a sesión de fisioterapia, logopedia ou musicoterapia, os gastos en equipamentos ortopédicos ou os derivados da adecuación das vivendas ou vehículos para nenas e nenos con discapacidade.
Trátase de que as nais e pais poidan afrontar os custes de traslado, aloxamento ou manutención durante o ingreso hospitalario das súas fillas e fillos
Outros servizos da fundación
Esta organización, creada en 2005, leva a cabo diferentes proxectos, como terapia familiar, apoio psicolóxico individual, dulcificación de espazos pediátricos hospitalarios ou “As Casiñas”, que son vivendas temporais situadas nas proximidades do Hospital Clínica Universitario de Santiago (CHUS). Estas vivendas están a disposición das familias de fóra de Santiago que se teñen que desprazar ao hospital durante todo o tempo que dure a hospitalización dos seus fillos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.88