Martes, 27 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 09 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia

Os servizos de emerxencia traballan no incendio dun estaleiro en Pontevedra

s servizos de emerxencia tratan de sufocar un incendio declarado na nave industrial dun estaleiro situado en Pontevedra, na parroquia de Lourizán. Este suceso obrigou a activación do nivel 1 do Plan Territorial de Protección Civil de Galicia –PLATERGA- e non se rexistraron danos persoais.

 

O 112 Galicia tivo constancia do incendio esta medianoite a través da chamada de varios particulares que comezaron a percibir as lapas e explosións desde diversos puntos da localidade.

 

Axiña, desde o 112 Galicia activouse un operativo formado polos Bombeiros de Pontevedra, polos axentes Garda Civil, pola Policía Nacional e Local e polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por si –nalgún momento- fose precisa a súa intervención. Ademais, solicitouse a colaboración no dispositivo dos Bombeiros de Vigo, do Morrazo, do Baixo Miño, do Ribadumia e do Salnés e dos membros de Protección Civil de Pontevedra, de Poio e de Cambados.

 

Tamén, os servizos de Gardacostas de Galicia, que ven de activar o Plan Camgal en fase de alerta para evitar que procedentes da zona de extinción saian a mar aberto, e de Salvamento Marítimo, tras ser informados polo 112 Galicia, apoiaron as tarefas de extinción desde o mar, mobilizando os buques de salvamento SAR Gavia e Irmáns García Nodal. De igual xeito, o persoal do Concello e do Servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia tamén foron informados da situación.

 

O Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias participou durante toda a noite nas tarefas de extinción. Un camión gran nodriza do GALI apoiou aos servizos de emerxencia alí desprazados no subministrou de auga, un total ata esta intre, de 150.000 litros de auga foron os empregados por parte do GALI. Neste sentido, o persoal de extinción de Medio Rural sumouse ao dispositivo con dúas nodrizas de apoio.

 

A esta hora, o lume que afecta a unha nave de 2.000 metros cadrados e a dous barcos, que se atopaban no interior das instalacións do estaleiro está controlado e polo momento, descoñécense as causas que orixinaron o lume.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.