SALVATERRA DE MIÑO
Lazoiro divulgará o patrimonio da parroquia de Alxén cunha exposición
A exposición terá lugar no Salón parroquial de Alxén. Mostrarase información dos elementos patrimoniais da parroquia, haberá tamén unha andaina guiada para visitar este patrimonio
A asociación Lazoiro realizará os días 16 e 17 de novembro, no Salón Parroquial de Alxén, en Salvaterra de Miño, unha exposición para poñer en valor a memoria e o patrimonio desta parroquia.
A apertura da exposición terá lugar o sábado 16, coincidindo co día do Patrimonio, o horario será de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 20:00h, o domingo 17 abrirá de 9:30h a 13:00h e de 16:00h a 18:00h.
A exposición contará con paneis onde se mostrarán datos dos elementos patrimoniais de Alxén. Entre o contido poderán verse fotografías, planos e textos. Toda a documentación pretende achegar aos propios veciños o seu patrimonio, en definitiva unha visión que enriqueza o coñecemento diario que teñen del. Está aberto a todo o público que se queira achegar. Haberá unha proxección que mostrará de xeito continuo material audiovisual (fotografías e vídeo aéreo) realizado na fase de preparación do contido.
O sábado 16, de 16:00h a 18:00h, organizarase unha andaina guiada para a aproximación ao Patrimonio, non será necesario realizar inscrición previa. O perfil é doado, dunha duración aproximada de tempo camiñando de 1h e 15 min., con paradas en puntos de interese para ofrecer datos aos asistentes. En caso de que as condicións do tempo non permitan a andaina realizarase, no mesmo local da exposición, unha charla sobre Patrimonio.
Dende Lazoiro explican “esta iniciativa pretende facer un labor de divulgación do Patrimonio Cultural da parroquia de Alxén, é o segundo ano que se leva a cabo este tipo de iniciativa de aproximar a acción da asociación ás parroquias, o ano anterior foi en Uma, e que pretende ter continuidade no tempo”.
Un dos obxectivos de realizar a exposición é, segundo afirman “a necesidade de coñecer máis sobre a memoria nas nosas parroquias, desta forma poderemos ampliar o proxecto de recuperación fotográfica Memoria de Salvaterra, no que levamos anos traballando”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215