Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 11 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

David Regades: "a provincia de Pontevedra é o músculo do PSdeG-PSOE en Galicia"

O secretario xeral dos socialistas destaca que a vitoria deste domingo é a cuarta consecutiva na provincia, o que demostra que trátase dun resultado “consolidado” que volverá repetirse nas Autonómicas do ano próximo

Os socialistas da provincia de Pontevedra están satisfeitos de ter repetido por cuarta vez como primeira forza política onte domingo, un trunfo que segue a estela do sucedido nas Xerais do 28A e nas Europeas e Municipais do 26X. O secretario xeral provincial, David Regades, compareceu acompañado dos deputados electos Olga Alonso, Guillermo Meijón e Ángeles Marra e a senadora Marica Adrio. Faltou á cita por convalecencia médica Modesto Pose. Asistiron tamén a coordinadora de campaña, Paula Fernández, e o vicesecretario de Acción Electoral, Manel Vázquez.


“Agora é momento de traballar”, afirmou Regades, “e por iso non entendemos as que estamos a ver noutros partidos”. Ao seu xuízo é hora de contribuír a formar “canto antes” o Goberno presidido por Pedro Sánchez que votou España. Por este motivo fixo un chamado público: “é o momento da xenerosidade porque os españois falaron alto e claro e hai unha maioría de 120 deputados contra os 88 da segunda forza, que tampouco ten opcións de sumar para un goberno alternativo”.


David Regades destacou que foi o PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra quen freou a Vox e tamén ao Partido Popular tanto na circunscrición como no conxunto da comunidade autónoma. “Somos o músculo do PSdeG-PSOE en Galicia e un dos baluartes do partido en España”, recalcou amosando un mapa no que a provincia de Pontevedra volve aparecer tinguida de cor vermella.


O secretario xeral provincial botou man dos resultados deste domingo para recalcar que os socialistas venceron en 20 concellos, comezando polos de maior peso demográfico na provincia, o que permite que o 68% das e dos pontevedreses optasen maioritariamente pola papeleta socialista este 10N. Recalcou que na meirande parte dos concellos gobernados por unha alcaldesa ou alcalde socialista, esta candidatura resultou a máis apoiada. Na relación figura tamén o concello de Catoira, onde só un pacto espurio PP-BNG arrebatou a Alcaldía ao Partido Socialista. “Alá onde temos o poder municipal somos quen de estendelo ás Xerais e, dentro dun ano, faremos o mesmo coas Eleccións Autonómicas”. “O partido”, engadiu “está preparado para contribuír a que poidamos gobernar Galicia en canto Feijoo convoque ás galegas e galegos ás urnas”.


“Este resultado co PSdeG-PSOE como primeira forza na provincia de Pontevedra viu para quedarse, pero tamén hai que dicir que é froito do intenso traballo que facemos en campaña electoral, sempre moi presentes no territorio, visitando tódolos concellos non só unha vez, senón en moitos casos, varias veces”, destacou.


David Regades rematou agradecendo a tódalas persoas que o domingo exerceron o seu dereito ao voto, o traballo das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e o esforzo de todo o Partido Socialista dende o primeiro ata o último dos militantes, especialmente aos apoderados e interventores, e, finalmente, á coordinadora da campaña, Paula Fernández.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.