Domingo, 14 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 13 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán contrata a catro novos técnicos en prácticas

Será través do programa 'O teu primeiro emprego' da Deputación de Pontevedra

As respectivas titulacións de cada beneficiario permiten que desenvolvan o seu traballo nos departamentos de Contratación, a Biblioteca Municipal e Arquivo, Urbanismo ou Servizos Xerais

O Concello de Nigrán ven de contratar a través da Deputación de Pontevedra a catro persoas en prácticas ao abeiro das bases do programa 'O teu primeiro emprego' de fomento da empregabilidade na provincia. En concreto, e grazas a esta axuda, o Concello conta desde a semana pasada cunha nova persoa con grado en dereito no departamento de Contratación; outra especializada en Biblioteconomía e Documentación na Biblioteca Municipal e Arquivo; outra con Ciclo Superior en Proxectos de Obra Civil ou Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas en Urbanismo; e, finalmente, unha persoa co Ciclo Superior de administración e finanzas no departamento de Servizos Xerais. Seleccionados todos a través da Oficina de Emprego de Baiona,  tal e como esixían as bases, son titulados universitarios e de formación profesional da provincia de Pontevedra coa cualificación concreta requirida e sen experiencia laboral previa no eido da súa formación.

 

"Como institución pública temos a obriga de dar as maiores facilidades á xuventude para atopar o seu primeiro emprego, dende o Concello debemos axudar a que completen a súa formación académica con experiencia profesional para facilitarlles a futura inserción ao mercado laboral e, sen dúbida, ao mesmo tempo o consistorio tamén se beneficiará da súa presenza", indica o alcalde, Juan González.

 

Estas catro persoas desenvolven o seu traballo cun contrato en prácticas durante 6 meses prorrogables a outros 6 (en función da resolución provincial final) e as retribucións son as estipuladas nas bases da convocatoria.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.