VIGO
O Concello adxudica a dixitalización do Arquivo Municipal de Vigo
O Concello aprobou un investimento de 250.000 euros para a dixitalización de libros de actos, de comisións, índices, padrón e listas de embarque, entre outros documentos do Arquivo Municipal de Vigo
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicaba a semana pasada a contratación do servizo de catalogación e proxecto piloto para a dixitalización do arquivo municipal por un importe de 250.000 euros.
Segundo informou o alcalde en rolda de prensa, o proxecto inclúe a dixitalización dos libros de actas dos Plenos, da Comisión Municipal Permanente, os índices dos Plenos, os índices da Comisión Municipal Permanente, o padrón de habitantes, as listas de embarque e os índices do arquivo.
O proxecto é susceptible de cofinanciamento co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun porcentaxe do 80% a través do Edusi Vigo Vertical, polo que o Concello tan só tería que facerse cargo do 20%.
Vértixe Sonora
Ademais, a Xunta de Goberno deu o visto e prace á subvención nominativa mediante convenio coa "Asociación Cultural Vértixe Sonora" para a organización do VII Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea 2019 cun importe de 7.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186