VIGO
Corina Porro acentúa a importancia de administracións e empresas na loita contra a violencia de xénero
A delegada territorial da Xunta en Vigo presenta na CEP o I Foro empresarial de Galicia para a Igualdade, a RSE e a prevención do acoso e a violencia de xénero
A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, presentou hoxe o I Foro empresarial de Galicia para a Igualdade, a RSE e a prevención do acoso e a violencia de xénero que se celebrará o vindeiro 20 de novembro na Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).
Neste contexto, a representante autonómica, quen estivo acompañada por Lucía Pedroso, vocal do Comité Directivo da CEP e integrante do Comité Técnico do Foro, acentuou a importancia da implicación das administracións e as empresas na loita contra a violencia de xénero. “Este é un percorrido que unicamente é posible facer da man da sociedade e as persoas representantes”, dixo, para engadir que “a erradicación do acoso e a verdadeira conciliación e corresponsabilidade son aspectos que deben impregnar a toda empresa”.
Na súa opinión, é “unha loita que debemos liderar xuntos entre todos e todas”, co obxectivo de erradicala por completo. Así, citou o traballo realizado pola Xunta de Galicia neste eido co obxectivo de “asegurar a participación plena das mulleres en igualdade, o protocolo de coordinación e cooperación institucional fronte á violencia de xénero ou os convenios cos colexios profesionais para campañas de prevención e actuación ante o acoso sexual nos lugares de traballo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186