Mos
Os socialistas de Mos denuncian o “impago do Concello ós monitores dos cursos”
A bancada socialista faise eco das reclamacións por parte de diversas asociacións do concello, que din "ter problemas para realizar os cursos subvencionados pola administración local". Son varios os colectivos "que lle trasladaron o PSdeG de Mos as dificultades que están tendo para sacar adiante os cursos que ofertan a veciñanza" segundo sinalan.
"Por unha banda, encóntranse con que os monitores do ano pasado aínda non cobraron e por outra que sabendo as dificultades de cobro, son poucos os monitores que se prestan a dar os cursos en Mos. Provocando que algúns colectivos véxanse na obriga de cambiar os cursos ou incluso ver a opción de prescindir de algúns dos cursos por dificultades de encontrar monitores" explican.
"Co pleno onde se aprobaron as contas do 2018 aínda recente no que a alcaldesa facía gala da súa boa xestión", sinala Victoria Alonso "esta é outra mostra da súa mala e ineficiente xestión económica e que ben a demostrar o pouco interese polas necesidades da veciñanza". Engade que "estes cursos son vitais para a participación das e dos mosenses na vida social do concello, espera que se lle poña solución inmediata e que se restableza o bo funcionamento destes cursos".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11