VIGO
A Xunta salienta o recoñecemento á nova depuradora de Vigo
A Autovía do Morrazo, executada pola Administración autonómica e posta en servizo o pasado mes de xuño, acadou un dos accésit, xunto coa ampliación da Ponte de Rande e as obras de saneamento da marxe dereita da ría de Ferrol
A Xunta de Galicia salientou hoxe o recoñecemento á transcendencia da nova depuradora de Vigo que supón a concesión do Premio San Telmo 2019. Trátase dunha infraestrutura de referencia en saneamento das augas e en colaboración institucional, xa que a súa execución foi posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia, o Goberno de España e o Concello de Vigo.
A Xunta de Galicia achega case 80 millóns de euros ao financiamento desa obra pública, que recentemente se converteu tamén en referencia de eficiencia nos recursos hídricos, ao ser pioneira na reutilización da auga depurada para a limpeza.
O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia deu a coñecer hoxe as distincións
A consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, participou hoxe na xuntanza do xurado destes galardóns que convoca o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e que hoxe deu a coñecer as distincións.
A edición de 2019 concedeu tamén tres accésits: aos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol, á ampliación da Ponte de Rande e á Autovía do Morrazo construída pola Xunta de Galicia. Esta obra, con clara finalidade de seguridade viaria, foi posta en servizo o pasado mes de xuño grazas a un investimento da Xunta de case 55 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.88