SALCEDA DE CASELAS
O PP critica os Orzamentos "chegan tarde, son irreais e malos"
"En tan só uns meses de bigoberno, MS e Psoe, mostran cales son as súas prioridades en canto a xestión municipal do Concello de Salceda, vivir todos do Concello, sendo o goberno municipal de toda Galicia co maior custe, tendo en conta orzamento e habitantes” argumenta Santi Davila.
Según os populares, "para entender o voto en contra basta con sinalar onde suben e baixan as partidas deste presuposto, educación, un piar básico para o futuro dos salcedenses recibirá 80.000€ menos que no ano 2016. Aqueles que tanto se enchen a falar da educación son os mesmos que agora se encargan de dirixir este área e os mesmos que votan a favor de que, co paso dos anos se lle asignen menos recursos, ao igual que á Axuda no Fogar, que tendo en conta a liquidación do orzamento do ano 2018 e o recoñecemento extraxudicial 1/2019 a partida para este servizo será deficitaria en 254.000€” sinala o portavoz do PP de Salceda.
Asemade, "no que respecta a enerxía eléctrica das instalación deportivas, a partida asignada vai ser deficitaria en 29.000€ e a de limpeza destas instalación en 17.500€, servizos importantes para o día a día dos salcedenses” destaca o voceiro popular.
"Non favorecen nin a educación, nin a axuda no fogar, nin aumentan o apoio os entes culturasis, deportivos e veciñais"
Namentres, o grupo popular pon o acento na suba do gasto en Publicidade e autobombo, sen beneficio os cidadáns, e si consecuencias negativas. Así, o aumento do gasto son as “maiores subidas no presuposto de 2019, sendo xa representativo neste bigoberno, as áreas de publicidade e propaganda, aumentan un 300% o seu custe en comparación co ano 2016. É un escándalo para un Concello como o noso, ao igual que o aumento do 34% en protocolo para este ano 2019”.
En canto o grupo socialista de Salceda, según manifesta o grupo popular, “mostra a súa doble cara, a incoherencia total, presentando un voto particular para diminuir nun 75% este gasto anos atrás cando estaba na oposición, e agora votando a favor deste gran incremento estando no goberno, o Psoe en estado puro”, afirma o voceiro do PP.
Tamén poñen a lupa sobre o custe deste bigoberno bipartito, “o custe do goberno increméntase un 33% con respecto ao goberno do 2018, sobrepasando os 250.000 €, pero disto os que máis falan son os veciños, porque saben canto lle afecta ó seu bolsillo, porque somos o primeiro Concello de Galicia, comparando o mesmo número de habitantes e orzamentos, supoñéndolle a cada salcedense 27,54€ ano este goberno de MS - PSOE” sinala Santi Davila.
Por último, o voceiro popular dixo si esto é “a outra maneira de gobernar, como decía o Partido Socialista salcedense en campaña electoral. Nós decimos: máis do mesmo, despilfarro, mala xestión e o peor, os provedores a espera para cobrar os seus traballos ou servizos”, remata Davila.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186