Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 16 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Pontellas celebra a Festa da Zorza o vindeiro domingo 17

A parroquia de Pontellas celebrará o vindeiro domingo 17 de novembro a XVI edición da Festa da Zorza no Centro Social e Cultural.


Vanse preparar 2.500 racions que se servirán en prato de barro e tamén en empanada, acompañadas de viño branco e tinto. O prezo da ración será de 6 euros no que está incluído a taza, o viño, o pan e a zorza.


Os organizadores garanten que tanto a escolla da carne como a súa preparación é realizada de forma tradicional e polo tanto caseira algo que os asistentes asiduos veñen valorando moi positivamente ó longo destes anos.


A degustación comezará a partir das 11.30 horas até as 15 horas para o que está habilitada unha grande carpa. A organización e preparación corre a cargo da Asociación Cultural de Pontellas que conta coa colaración do Concello do Porriño


Para a animación desta Festa da Zorza actuarán a Rondalla de Pontellas, o grupo de cantareiras Vaicheboa do centro cultural, e o grupo de gaitas Nordesía.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.