NIGRÁN
O centro de negocios de Porto do Molle pioneiro en Europa reutilizando augas residuais
Este lugar, xunto a tres urbanizacións de vivendas en Países Baixos, Bélxica e Suecia, forma parte dun proxecto piloto a nivel europeo para reutilizar as augas residuais sen necesidade de depuradora externa
O alcalde de Nigrán, Juan González, asistíu hoxe en Porto do Molle xunto a David Regades, delegado de Zona Franca, á xornada divulgativa do proxecto 'Run4Life': unha iniciativa que xa é efectiva no Edificio Tecnolóxico de Porto do Molle coa colaboración de Aqualia (concesionaria do servizo no Concello de Nigrán) e Zona Franca e que propón un cambio de paradigma para recuperar de manera eficiente os nutrientes das augas residuais dentro do enfoque de economía circular. Esta iniciativa, que conta con financiación da UE, ten en Europa catro ubicacións demostrativas: o propio Centro de Negocios de Porto do Molle, con 200 usuarios; unha urbanización de 32 vivendas en Sneek, Países Baixos, para 100 persoas; 430 vivendas dos 'Novos Peiraos', en Gante, para 1.200 persoas; e 320 apartamentos en Helsingborg, Suecia, para 1.800 persoas.
"Este Centro de Negocios é un edificio pioneiro a nivel mundial no que se refire a sostibilidade, este é o camiño que as administracións debemos promover para preservar de verdade os recursos do noso planeta. É un orgullo que Nigrán, a través de Zona Franca e a nosa concesionaria Aqualia, sexa un referente no que a responsabilidade ambiental se refire", sinalou o alcalde, Juan González, no peche da xornada.
O proxecto piloto Run4Life afronta varios dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS), focalizado no tratamento e reutilización de augas domésticas e a recuperación de recursos como enerxía en forma de biogás e fertilizantes agrícolas. O Centro de Negocios de Porto do Molle está equipado con sistemas de recolección separativas para augas negras e grises, o que permite reutilizar a auga dos lavabos nas cisternas dos WC e orinais. A maiores, a planta de tratamento permite recuperar os recursos das augas negras (WC) a través dun tratamento anaerobio que a transforma en produtos fertilizantes, biogás e auga xa tratada que non precisa ir á depuradora. Neste proxecto de Nigrán colaboran tamén, entre outros, as Universidades de Vigo e Santiago ou WE&B.
Grazas á rede separativa de colectores, as augas grises do Centro de Negocios reutilízanse para o uso das cisternas dos WC, mentras que as augas negras son transformadas en fertilizantes agrícolas, biogás e auga xa depurada
Run4 life parte da reflexión de que a subministración mundial de alimentos depende por completo do uso de fertilizantes que actualmente se basean en prácticas de produción non sustentables (basicamente veñen da roca de fosfato) e en que, paralelamente, temos que depurar augas residuais de orixe doméstica portadoras de recursos (especialmente auga e nutrientes) que apenas se recuperan nos actuais sistemas centralizados de xestión de augas residuais.
Financiado con fondos do Programa Marco de Investigación e Innovación Horizonte 2020 da Unión Europea, o obxectivo desta xornada era o de informar e implicar á sociedade dos resultados acadados nestas catro ubicacións, ademais, incluíu á visita á planta de tratamento descentralizado operada por Aqualia eubicada no propio edificio nigranés. Todos os resultados, tanto técnicos como sociais, abrirán novas oportunidades comerciais e proporcionarán datos para acadar a aceptación institucional, legal e social das tecnoloxías aplicadas no proxecto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60