Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 14 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Ducias de incidencias polo temporal na provincia de Pontevedra

As inundacións e balsas de auga en tramos de estradas provinciais e a caída de tellas, chapas, árbores ou pedras motivaron a maior parte das saídas dos efectivos

O operativo de seguimento do temporal posto en marcha esta pasada madrugada polo goberno da Deputación de Pontevedra atendeu ao longo do día de hoxe ducias de incidencias rexistradas polo temporal de chuvia e vento que afecta este xoves á provincia. Os efectivos do Consorcio provincial Contraincendios e de Emerxencias, adscrito á Deputación, así como as brigadas do departamento de Infraestruturas que actúan nas estradas provinciais, realizaron máis de 30 saídas a diferentes concellos debido, fundamentamente, a inundacións puntuais, e á caída de árbores, ramas, tellas, verxas ou chapas, así como de elementos de mobiliario urbano.


Nos caso do persoal do Consorcio Provincial, os efectivos dos parques do Salnés, Vilagarcía e Ribadumia; do Porriño; do Morrazo e do Baixo Miño atenderon incidencias nos concellos de Cambados, O Porriño, Salceda de Caselas, e Cangas.


Nas estradas provinciais, as brigadas da Deputación de Pontevedra realizaron unha vintena de saídas, sobre todo por balsas de auga na calzada, inundacións, desprendementos de terra, pedras e caída de árbores. As estradas afectadas foron a EP 9406 Gallas-Armenteira en Meis; EP 9212 A Granxa-Dorrón en Sanxenxo; EP0019 Figueirido-Marín en Pontevedra; EP 0503 Mane-Rebón en Barro; EP 6404 Ferreirós-Ollares en Vila de Cruces; EP 2704 Sequeiros-Cuartos de Borbén en Pazos de Borbén; E) 5304 Villar-Albeos en Crecente; EP 4202 Tortoreos-Rubiós en As Neves; EP 4203 Tortoreos-Estación en As Neves; EP 8001 Caldas- Carracedo- Catoira en Caldas; EP 7017 Callobre-Ponte Ledesma en A Estrada; EP 7005 Aguiones-Santeles en A Estrada; EP 7204 Soutelo-Ratel en Forcarei; EP 2601 Mos-Puxeiros en Mos; EP 2502 Cerquido-Ribadelouro en Salceda de Caselas; EP 2503 Cerquido-Borralliño en Salceda de Caselas; EP 2102 Nigrán-Vincios en Nigrán; EP 2005 Meixoeiro-Cuvi en Vigo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.