GALICIA
As creacións artísticas da mocidade na final de fotografía e artes plásticas de Xuventude Crea
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, asistiron fai uns días á inauguración da exposición dos proxectos destas modalidades
A Xunta de Galicia impulsa o talento, a creatividade e as innovacións da mocidade galega a través da final do certame Xuventude Crea 2019, que cumpre dez anos. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada do director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, inaugurou fai unha días na igrexa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a exposición dos proxectos finalistas das especialidades de fotografía e artes plásticas (pintura e escultura).
Neste edición, presentáronse un total 114 creacións, en concreto, 69 obras na especialidade de fotografía e 45 na especialidade de artes plásticas, das cales 30 son pinturas 15 esculturas. Das obras presentadas, seleccionáronse como finalistas un total de 35: 19 na especialidade de fotografía e 16 na especialidade de artes plásticas (5 esculturas e 11 pinturas).
Na especialidade de artes plásticas os gañadores foron: primeiro premio, a pintura A destrución de Adán Carlota Álvarez Feijóo (Piñor); segundo premio compartido entre a escultura Cormorán S.XXI de Laura Calvo González (Cesuras) e a obra As deidades infinitas que todo o ven, todo o oen, todo o ulen pintada por Eva Antelo Mata (Santa Comba); o terceiro premio, tamén compartido entre a escultura 36 registros de espacios inertes de María del Mar Ramón Soriano (Ourense) e a pintura Destinos Pendentes de Catuxa Negreira Cousillas (Santiago). Por último a mención de honra foi para as obras pictóricas Autorretrato de Alejandro Sánchez Aguión (Santiago) e Un vermut mezclado de Margot Rodríguez Salvador (Pontedeume).
A igrexa da Universidade de Santiago de Compostela alberga a exposición das 35 obras finalistas de ambas especialidades
Así, a mostra de artes plásticas completáronas, por un lado, as esculturas finalistas: Testigos de confianza de Rebeca López Villar (Vigo),¡Boom! Formas de violencia de Andrea Domínguez Torres (Marín), Nús de Iván Matos Recouso (Bergondo); e por outro as pinturas: Recetas de Rebeca López Villar (Vigo), Eu non erro de Sandra Eiriz Valverde (Vigo), Volta a casa de Sara Piñeiro Fernández (Lalín), Geometría orgánica de Miguel Aurelio Cajaraville Mosquera (Baiona), La hora del baño de Laura Reimúndez Viña (A Coruña) e Íntima oscuridad de Miguel Tierra Rodríguez (Monforte de Lemos).
Especialidade de fotografía
Pola súa parte, na especialidade de fotografía, os premiados son: primeiro premio compartido polas obras Cartografía do esquecemento de Ariadna Silva Fernández (A Estrada) e Non estou tola, a miña realidade é diferente á túa Alva Vidal Capón (Tui); o segundo premio foi para Esvaecerse como formigas nos infinitos campos amarelos de Rebeca López Villar (Vigo) e Fría Galiza de Breogán Alamancos Millán (A Pobra do Caramiñal); o terceiro premio tamén se compartiu entre Caused by humans de Beatriz Barros Touceda (A Estrada) e Microhomofobia de José Ramón Carreira Núñez (Betanzos). As obras Foto carné de Dennise Sánchez Vaccarello (Pontevedra) e Atípicos de María de la Fuente Seoane (Teo) recibiron a mención de honra.
A exposición completábana as seguintes obras finalistas: Pensamentos: narrativa en transición de Raquel Luaces Fernández (Monforte de Lemos), Dogma de fe de Adrián Vázquez Rodríguez (Lugo), Ciclo de Alma Cómitre Lara (Santiago), 155 de Zeltia Iglesias Rodríguez (Rois), Buscar la vida de Sabela González García (Vigo), Viaje intrauterino de María Vérez Escudero (A Coruña), Retratos e retratos da avoa de Sergio Barral Roo (Noia), La urbanización del caos... de María Penalonga Ramallal (Lugo), A través de Galicia de Javier Cabana Soengas (Monterroso), Ensoñacións de Ángel López Pérez (Marín) e Basuraleza de Paula Pena Afonso (Vilanova de Arousa).
Cómpre recordar que o programa Xuventude Crea vai dirixido a mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30. Inclúe 13 especialidades: teatro, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, moda, deseño de xoias, cociña, danza moderna, fotografía e artes plásticas. Na edición do 2019, incorporouse como novidade a especialidade de danza moderna. Os premios para cada especialidade son de 3000 euros o primeiro premio, 1500 euros o segundo premio e 1000 euros o terceiro premio. O xurado tamén pode outorgar mencións de honra, sen dotación económica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184