• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Miércoles, 24 de Junio de 2026

Actualizada Miércoles, 24 de Junio de 2026 a las 09:04:47 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • El programa

      El programa "Exercítate" cierra su edición 2025-2026 con 88 participantes activos

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas licita las obras de asfaltado en Celeiros por más de 83.000 euros

      Ponteareas licita las obras de asfaltado en Celeiros por más de 83.000 euros

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Oia acoge este domingo su primer Gran Premio de Pump Track, puntuable para el Campeonato Gallego

      Oia acoge este domingo su primer Gran Premio de Pump Track, puntuable para el Campeonato Gallego

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • El PXOM de Nigrán se publica en la web nueve días antes del pleno para su aprobación

      El PXOM de Nigrán se publica en la web nueve días antes del pleno para su aprobación

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • El tacógrafo será obligatorio para miles de furgonetas a partir del 1 de julio de 2026

      El tacógrafo será obligatorio para miles de furgonetas a partir del 1 de julio de 2026

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Redacción / Xornal21.es
Viernes, 15 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia

Carmela Silva incide en Vigo na “mirada lila” para “transformar a sociedade"

O MARCO acolleu a presentación do catálogo “Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz”, unha das accións da Deputación ao abeiro do 25 de novembro

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Vigo, Abel Caballero, da comisaria da exposición “Mulleres do silencio”, Rosario Sarmiento, e de Almudena Fernández, Rosalía Pazo e Mónica Alonso (tres das artistas protagonistas do compendio) presentaron esta tarde o catálogo “Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz”. Coa presenza de colectivos da cultura da cidade e asociacións de mulleres, o acto estivo cheo de arte, imaxe e música no Museo MARCO nunha presentación que serviu de arranque á programación impulsada polo goberno provincial para conmemorar o 25-N. Ata a sala, acudiron membros do goberno provincial, do goberno local e público en xeral que recibiron un exemplar do catálogo como agasallo. O evento deu comezo coa peza “Sen dúbida” da música Silvia Penide, quen tamén pechou o evento con “Reventaba”. A xornalista Teresa Cuiñas foi a encargada da condución do evento e dar paso a un book trailer de “Mulleres do Silencio” que permitiu apreciar tanto á exposición, como ás artistas e ás súas principais obras.

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou que vivimos unha “revolución cultural que estamos a vivir en todos os eidos da cultura e que ten nome de muller na poética, na narrativa, na pintura, no cinema, no teatro e, sen embargo, a maioría da sociedade non coñece os seus nomes. As mulleres sempre estivemos invisibilizadas e por iso precisamos escribir para deixar unha proba viva do traballo das mulleres e unha pegada para sempre, porque o que non se nomea non existe e o que non se escribe non queda na memoria. Agardo que en tempos vindeiros alguén atope este catálogo e recoñeza nel ás grandes mulleres e grandes obras que deixaron”. Ademais, a presidenta insistiu na importancia deste catálogo para ter referentes femininos: “a sociedade precisa unha mirada lila, que conte coas mulleres, porque se o 52% da poboación non está presente todas e todos somos tortas e tortos xa que soamente temos unha mirada masculina e precisamos mirar cos dous ollos para poder transformar a sociedade”.

 

Pola súa banda o alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou a importancia de presentar o catálogo no MARCO, “neste lugar de memoria e transcendencia, que foi unha forma de recuperar, manter e lanzar a historia a través do presente buscando un extraordinario futuro”. Tamén manifestou o compromiso da cidade co feminismo, “especialmente nestes tempos nos que o feminismo e a igualdade estanse a atopar con freos, insultos, intentos de degradación, dende forzas políticas que presumen de levar adiante movementos sociais. E esas forzas políticas deben desaparecer para sempre. Este libro é un berro contra as ditaduras e contra os que nos intentan oprimir”. Tamén adiantou que “en moi pouco tempo as artistas do catálogo terán unha rúa ou espazo público, ao igual que o teñen xa Maruja Mallo e Julia Minguillón”.

 

Pola súa banda a comisaria Rosario Sarmiento destacou “que despois de tres anos volvemos aquí, ao punto de partida, ao MARCO, co catálogo que recolle un arduo traballo de investigación de case dous anos”. Sarmiento insistiu na importancia de apostar pola formación “para garantir a profesionalidade” pero reivindicou que “pese a ser un 70% as mulleres que rematan Belas Artes e un 30% os homes, cando acceden ao mercado laboral as cifras cambian porque o sistema do poder da arte segue marcado pola invisibilidade e escasa presenza das mulleres”.

 

Tamén tivo a oportunidade de amosar a súa opinión unha das mulleres artistas, Almudena Fernández, que incidiu na necesidade de escribir textos sobre mulleres artistas “como único xeito de facer historiografía. Sempre houbo mulleres artistas, pero soamente pasan o filtro cando se escribe sobre elas e a ausencia de mulleres artistas na historia significa a falta de referencias positivas para as artistas novas”.

 

A Deputación de Pontevedra editou 1.000 exemplares do catálogo “Mulleres do silencio” co obxectivo de visibilizar o talento das artistas galegas do século XX, oculto pola sociedade androcéntrica. O catálogo, de 175 páxinas,  está baseado na exposición que tivo lugar no MARCO entre outubro de 2016 e abril de 2017 na que se deu a coñecer a obra e traxectoria de 19 artistas galegas vinculadas á pintura. O coidado catálogo recolle unha reseña bibliográfica, en galego e castelán, e imaxes dalgunhas das obras máis representativas de Maruja Mallo, Julia Minguillón, M.ª Victoria de la Fuente, Elena Fernández-Gago, Fina Mantiñán, Beatriz Rey, M.ª Antonia Dans, Mercedes Ruibal, Elena Colmeiro, Soledad Penalta, María Xosé Díaz, Menchu Lamas, Rosalía Pazo Maside, Berta Cáccamo, Pamen Pereira, Ángela de la Cruz, Mónica Alonso, Almudena Fernández Fariña e Tatiana Medal. A obra divídese en catro bloques, seguindo a propia proposta formulada pola exposición. A través deles faise fincapé en cuestións coma o seu insignificante protagonismo nos movementos de vangarda anteriores á Guerra Civil, a posguerra e a obrigada emigración cara a outros centros artísticos fóra de Galicia, a chegada da democracia e o impulso dinamizador que van coñecer as artes plásticas en Galicia e, finalmente, os novos escenarios formativos nos que as nosas artistas comezarán as súas traxectorias nos inicios do século XXI.

Noticia anterior:
Vigo aproba o proxecto de regulamento do servizo de transporte urbano en autobús
Noticia siguiente:
A Xunta lanza un programa con nove rutas para coñecer Vigo
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Actualidad

La compra compulsiva puede esconder un problema de salud mental, advierten los expertos

La compra compulsiva puede esconder un problema de salud mental, advierten los expertos

Los españoles gastarán de media 1.257 euros este verano, un 3% más

Los españoles gastarán de media 1.257 euros este verano, un 3% más

Denuncian el retraso de España en adoptar el botón de desistimiento europeo

Denuncian el retraso de España en adoptar el botón de desistimiento europeo

ANECPLA alerta de la importancia del control sanitario de piscinas ante la ola de calor

ANECPLA alerta de la importancia del control sanitario de piscinas ante la ola de calor

Opinión

Personas con derechos

La reduflación: el arte de engañar sin mentir

Cuando la estética pesa más que el sentido común

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

La Guardia Civil sorprende a dos extranjeros usando dispositivos para copiar el examen de conducir

La Guardia Civil sorprende a dos extranjeros usando dispositivos para copiar el examen de conducir

Tres años y medio de cárcel a un lotero por quedarse con un boleto de la Primitiva de 4,7 millones

Tres años y medio de cárcel a un lotero por quedarse con un boleto de la Primitiva de 4,7 millones

Detenido por pintadas en la iglesia de Cambados que aludían a la Guardia Civil y a la UCO

Detenido por pintadas en la iglesia de Cambados que aludían a la Guardia Civil y a la UCO

Un juzgado de Santiago anula un crédito revolving de Cofidis

Un juzgado de Santiago anula un crédito revolving de Cofidis

Agenda

Junio 2026
LunMarMieJueVieSabDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     

Galicia

Galicia lidera la certificación forestal sostenible con 337.000 hectáreas y 241 empresas adheridas a FSC

Galicia lidera la certificación forestal sostenible con 337.000 hectáreas y 241 empresas adheridas a FSC

La Xunta impulsa la proyección internacional de Galicia como referente del cicloturismo en EE.UU.

La Xunta impulsa la proyección internacional de Galicia como referente del cicloturismo en EE.UU.

Provincia

Ayudas  para investigaciones medioambientales de la Universidade de Vigo

Ayudas para investigaciones medioambientales de la Universidade de Vigo

Correos lanza en Pontevedra un sello conmemorativo del Camino de Santiago con la concha amarilla como protagonista

Correos lanza en Pontevedra un sello conmemorativo del Camino de Santiago con la concha amarilla como protagonista

Deportes

El viguesa Álvaro Gómez, campeón de España Sub 15 con la selección gallega de bádminton

El viguesa Álvaro Gómez, campeón de España Sub 15 con la selección gallega de bádminton

El Open de Tenis 'Vila do Corpus' de Ponteareas sube de nivel como puntuable para el Circuito de Nacionales de la RFET

El Open de Tenis 'Vila do Corpus' de Ponteareas sube de nivel como puntuable para el Circuito de Nacionales de la RFET

El Celta Fortuna, histórico ascenso a Segunda:

El Celta Fortuna, histórico ascenso a Segunda: "Una marca hecha en A Madroa"

Motor

El tacógrafo será obligatorio para miles de furgonetas a partir del 1 de julio de 2026

El tacógrafo será obligatorio para miles de furgonetas a partir del 1 de julio de 2026

Salud

La microbiota también se va de vacaciones: así afectan el calor y los cambios de rutina a la salud digestiva

La microbiota también se va de vacaciones: así afectan el calor y los cambios de rutina a la salud digestiva

Recomiendan extremar las precauciones ante la nueva ola de calor con temperaturas de hasta 40 grados

Recomiendan extremar las precauciones ante la nueva ola de calor con temperaturas de hasta 40 grados

El calor del verano puede agravar la boca seca en las personas mayores

El calor del verano puede agravar la boca seca en las personas mayores

Turismo

Más de 900 estudiantes visitaron el Xeoparque Cabo Ortegal durante el curso escolar

Más de 900 estudiantes visitaron el Xeoparque Cabo Ortegal durante el curso escolar

Hogar

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

La aerotermia ya no es cara: deducciones y ayudas reducen la inversión más de un 80%

La aerotermia ya no es cara: deducciones y ayudas reducen la inversión más de un 80%

Seguridad | Protección Civil

El Kit de Emergencia de 72 Horas: Europa se prepara ante una catástrofe

El Kit de Emergencia de 72 Horas: Europa se prepara ante una catástrofe

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

Vigo aproba o proxecto de regulamento do servizo de transporte urbano en autobús

A Xunta lanza un programa con nove rutas para coñecer Vigo

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder