VIGO
Fillos do Estramonio presentan 'A noria de Abel Caballero'
Este ano, o tema sobre A noria de Abel Caballero está sendo a estrela do Nadal. Unha peza que xa se pode escoitar desde hai días e que enxalza con moito sentido do humor o viguismo do alcalde da cidade
Por moitas luces, árbores e canóns de neve, mercadillo ou ceas de empresa que haxa, este ano, a atracción do Nadal en Vigo é unha noria de 62 metros que xa ten a súa propia canción partindo da coñecida Gloria de Umberto Tozzi. Non está moi claro se a fixo un grupo de rock, un grupo de música ou un grupo de humor, pero mesturando media ducia de artistas aos que lles gustan o rock, a música e o humor, dá como resultado Fillos do estramonio.
Ao mando desta banda atópase o arteixán Pepe Capelán, coñecido por aparecer en diversos programas da canle autonómica, quen xunto ao resto da agrupación tardaronpouco máis de 24 horas en escribir a letra, montar un vídeo "chorras" feito así a propósito... para, en resumo, homenaxear A noria de Abel Caballero.
Unha versión da coñecida Gloria de Umberto Tozzi que en pouco máis de cinco días xa está preto das 40.000 reproducións en YouTube
Un tema que xa é viral nas redes sociais e que compartiron personaxes públicos da talla de Glòria Serra (cuxa fotografía aparece no videoclip) en Twitter: A ver, @os_estramonios, me parece que voy a tener que subir a la noria de Vigo, no?
E é que ao final, ninguén fala dela, ninguén sabe que fai aí, ou mellor dito, ninguén lle canta a esa atracción de feira coma eles. Un tema que se estrenou fai cinco días que xa está preto das 40.000 visitas en YouTube, e co que solicitan, ademais, a actuación da banda para o acendido das luces o próximo sábado 23 de novembro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186