SALVATERRA DE MIÑO
Preto de 400 veciños e veciñas visitan a exposición do Patrimonio de Alxén
A exposición tivo lugar no Salón parroquial de Alxén. Mostrouse información dos elementos patrimoniais da parroquia e houbo unha andaina guiada para visitar o patrimonio
A asociación Lazoiro realizou os días 16 e 17 de novembro, no Salón Parroquial de Alxén, en Salvaterra de Miño, unha exposición para poñer en valor a memoria e o patrimonio desta parroquia, pola que pasaron preto de 400 veciños e veciñas.
A exposición contou con paneis onde se amosaron datos dos elementos patrimoniais de Alxén. Entre o contido víronse fotografías, planos e textos. Toda a documentación pretende achegar aos propios veciños o seu patrimonio, en definitiva unha visión que enriqueza o coñecemento diario que teñen del.
Ademais, o sábado 16 organizouse unha andaina guiada para a aproximación ao Patrimonio.
Dende Lazoiro explican “estamos moi contentos número de visitas, xa que esta iniciativa pretende facer un labor de divulgación do Patrimonio Cultural da parroquia de Alxén e a xente responde moi ben a este tipo de actividades”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215