GONDOMAR
A Xunta pon en servizo a glorieta da senda entre Gondomar e A Ramallosa
A rotonda sitúase na intersección coa vía provincial de acceso a Donas e completa as obras deste itinerario peonil no que a Xunta inviste 2,3 millóns de euros
A Xunta vén de poñer en servizo unha glorieta na estrada PO-340, na intersección coa vía provincial que vai a Donas, en Nigrán, para aumentar a seguridade e facilitar a mobilidade dos veciños desta contorna, tras finalizar os traballos que se retomaban o pasado mes.
Esta rotonda está enmarcada no proxecto da senda peonil e ciclista entre Gondomar e A Ramallosa, unha obra na que o Goberno galego inviste 2,3 millóns de euros para mellorar a seguridade viaria da estrada PO-340.
A glorieta executouse no punto quilométrico 20+340 da estrada autonómica e complementa o itinerario construído, pois contribuirá ao calmado do tráfico, reforzará a seguridade dos peóns e ciclistas e facilitará os xiros á esquerda na estrada neste punto.
A glorieta contribuirá ao calmado do tráfico e facilitará os xiros á esquerda na estrada neste punto
Para executar esta infraestrutura era necesario retirar uns postes da rede eléctrica, polo que vez resolto este problema, acometeuse a glorieta.
Cómpre lembrar que o Goberno galego mobilizou xa uns 3,2 millóns de euros en sendas peonís na comarca do Val Miñor e destinará un total de 1,6 millóns de euros a eliminar os treitos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas da contorna.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115