PROVINCIA
O Pazo Provincial iluminarase de azul con motivo do Día Universal da Infancia
Será na noite deste mércores para sumarse á iniciativa de Unicef que tamén conmemora o 30 Aniversario da Convención dos Dereitos dos Nenos e Nenas
O Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra tinguirase de azul este mércores uníndose así á Unicef Galicia con motivo do Día Universal da Infancia. Deste xeito, a institución provincial iluminarase desde a tarde do mércores ata a mañá do xoves 21 de novembro, nunha data que tamén servirá para conmemorar o 30 Aniversario da Convención dos Dereitos dos Nenos e Nenas. A Asemblea Xeral da ONU recomendou en 1954 destinar un día a fomentar a fraternidade entre os nenos e nenas do mundo, e promover o seu benestar con actividades sociais e culturais.
Nacións Unidas celebra este Día Internacional da Infancia en honor á aprobación da Declaración dos Dereitos da Infancia en 1959 e á Convención sobre os Dereitos da Infancia en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia. O obxectivo do Día é recordar á cidadanía que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable e, por tanto, que máis sofre a crise e os problemas do mundo. Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que naceran.
Destinar un día internacional á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades das e dos máis pequenos e para recoñecer a labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e nenas teñan un futuro mellor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184