GALICIA
A Xunta financia con 5,2 millóns de euros preto de 200 programas de inclusión social
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas axudas
A Xunta de Galicia financiará 198 programas de atención a persoas en risco ou situación de vulnerabilidade que desenvolverán 65 corporacións municipais ao abeiro da orde de axudas de inclusión social para o período 2019-2021. O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a resolución destas achegas que no seu conxunto superan os 5,2 millóns de euros, o dobre que na convocatoria anterior.
Este reforzo económico permite incrementar en dez o número de concellos beneficiados e en 38 os programas financiados por parte da Administración autonómica. A través desta orde, os entes locais sufragarán programas dirixidos á inclusión social da poboación xitana e da poboación inmigrante, intervencións para favorecer a formación e a inserción laboral de persoas en situación ou risco de exclusión e accións complementarias de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social de menores a cargo.
Un total de 65 corporacións municipais beneficiaranse destas achegas para levar a cabo programas dirixidos á poboación xitana e inmigrante, a outros colectivos en risco de exclusión e a persoas sen fogar
Ademais, por primeira vez, inclúese un programa específico para atención ás persoas sen fogar, na liña do Plan pioneiro que ten en marcha a Xunta de Galicia para axudar a este colectivo a superar a súa situación.
Outra das novidades desta convocatoria afecta ao período para levar a cabo os programas subvencionados, que se eleva ata os 20 meses, en lugar dos 16 que establecía a anterior orde de axudas, coa finalidade de facilitar a realización e a continuidade dos mesmos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184