Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 20 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra arranca os actos do 25N e tingue de violeta o Pazo Provincial

A Deputación de Pontevedra iluminará de cor violeta o Pazo Provincial desde a noite deste xoves ata o luns 2 de decembro, ao fío dos actos organizados polo goberno provincial cara ao Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora o vindeiro luns 25 de novembro.

 

O actos centrais de “Sementando para a igualdade”, a campaña que o goberno de Carmela Silva prolongará durante os próximos meses, terán lugar en Pontevedra e Vigo os días 25 e 26, coa posta en escena de dúas performances realizadas por catro das mulleres artistas, Ana Gesto, María Marticorena, Ana Matey e Isabel León, que formarán parte este ano da quinta edición do programa “Mulleres en acción. Violencia Zero”. O próximo luns, ás 12.00 horas na Peregrina, e o martes ás 19.00 no Museo MARCO en Vigo, as catro creadoras protagonizarán “Pan duro I e II”.

 

O programa “Mulleres en acción. Violencia Zero” tamén contará con espazo no seo de Culturgal. A artista Uxía Morán realizará a súa performance “A última cea” o venres, 29 de novembro durante o acto inaugural da feira, e ao día seguinte a presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentará o contido da quinta edición do programa acompañada das deputadas de Igualdade e Cultura, amais da comisaria do proxecto, Paula Cabaleiro. Ademais, o sábado 30 de novembro Culturgal acollerá a presentación do libro “María Vinyals, a muller do porvir”, do autor Diego Piay.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.