PONTEAREAS
Os músicos toman a batuta da banda de Xinzo
O sábado 23 de novembro, ás 19:00h, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo celebrará cun gran concerto a festividade de Santa Icía (patroa dos músicos).
Será no Auditorio do Centro Cultural Xinzo, cuxo escenario foi ampliado grazas ás obras de mellora realizadas recentemente no edificio e que, entre outras accións, melloraron a acústica do local de ensaio da Banda e de insonorización das aulas de estudo da Escola.
O programa de concerto contén pezas de orixes e características moi diversas, co que se espera agradar a todo o público asistente. Ademais, o director titular Javier Blanco, cederá a súa batuta, de forma que algunhas das pezas que soarán no auditorio, serán dirixidas por directores noveis.
Como ven sendo habitual, aproveitarase a ocasión para presentar aos novos integrantes da banda: María José García (saxofón), Nuria Domínguez (clarinete), Sara Gamote (frauta) e Ismael Represas (percusión). Ao remate do concerto, continuará a celebración coa tradicional cea e a entrega aos músicos dos agasallos con máis retranca do ano.
Dende a Banda de Música Xuvenil de Xinzo convídase a asistir ao concerto e compartir así unha boa tarde de música.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163