Domingo, 29 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Marzo de 2026 a las 09:29:41 horas

Xornal21.es
Viernes, 22 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O Concello Tomiño usará material da campaña publicitaria “ En negro contra as violencias”

Usarán o material da campaña publicitaria “ En negro contra as violencias”

Un ano máis, e xunto con máis dun centenar de vilas e cidades galegas, o Concello de Tomiño súmase á campaña publicitaria “En negro contra as Violencias”, en conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero . Por elo, dende a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación, animan novamente ao sector do comercio e a todos os axentes sociais e empresarias do municipio, a implicarse nesta acción colectiva, tinguindo de loito o concello, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.


[Img #58148]"Porque consideramos que tedes o protagonismo das rúas de Tomiño, e sodes o gran escaparate que pode transmitir a mensaxe de denuncia e solidariedade para un Tomiño libre de violencias machistas, convidámosvos a participar nesta campaña co obxectivo de rexeitar coa maior contundencia posible e, dunha vez por todas, a violencia machista, e situala na axenda como un problema público, de toda a cidadanía", explican dende a concellería.


A partir do 18 e até o 25 de novembro viste a túa tenda, comercio, empresa, bar, posto do mercado, asociación etc. de negro”, é a petición da Oficina Municipal de Igualdade de Tomiño.
Así, dende o venres 15 de novembro, pódese recoller a cartelaría da campaña, de xeito gratuíto, no Rexistro do Concello.


Lembran tamén que se pode difundir esta campana dende negocios, asociacións, clubs deportivos, redes sociais e amosar así o apoio público ao fin da violencia machista.


Actos
Ademais da campaña Tomiño en Negro (18 ao 25 de novembro), os actos con ocasión do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, serán: Día 24. 18:00h. Auditorio de Goián. De balde. TEATRO: "INVISIBLES", de Redrum Teatro (historias reais de mulleres galegas unidas polo fío común da violencia de xénero). Unha reflexión sobre a invisibilidade dos agresores fronte á exposición delas na sociedade. Día 25N. 12:00h. No Mercado Municipal ( 1º andar). Lectura de manifesto coa intervención e actuación musical do alumnado de 1º Bacharelato do IES Antón Alonso Ríos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.