Lunes, 16 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 22 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello denuncia axudas provinciais para "un acto político en Mos"

Nun comunicado explican que "a administración provincial figura como patrocinador no cartel dun festival no que se acusa á administración local mosense de corrupta por pelotazo urbanístico"

A través dun comunicado o Concello de Mos "lamenta profundamente a participación, promoción e patrocinio por parte dunha administración pública como é a Deputación Provincial de Pontevedra dun acto político no que se acusa a esta administración local de pelotazo urbanístico e de ser un Concello corrupto".


"A Deputación figura como colaboradora no cartel do festival celebrado o pasado sábado 16 de novembro na Sala O Rebullón do Centro Social As Pedriñas de Tameiga, organizado pola plataforma A Auga é Vida co fin, supostamente, de financiar as alegacións contra a modificación puntual do PXOM mosense" sinalan.


Baixo o título de "Paremos o pelotazo" actuaron os grupos Residuos Atractivas, Os Putos e O Coro do Exército Froilanista, destinando o importe da entrada, según declaraban textualmente dende a plataforma "íntegramente a sufragar os gastos desta loita veciñal contra o pelotazo urbanístico". As entradas foron cobradas a 6 euros anticipada e a 8 euros en taquilla.


O Concello de Mos denuncia públicamente que "é un feito denunciable que unha administración pública apoie e financie actos políticos nos que se acusa de delitos non probados a outra administración pública como é, neste caso, a administración local mosense: o Concello de Mos".


É por elo que se lle esixe "aos representantes da Deputación de Pontevedra, concretamente á súa presidenta, Dna. Carmela Silva, e á deputada mosense, Dna. Victoria Alonso, responsabilidades respecto deste feito grave. Así como que dean públicamente as explicacións pertinentes sobre este caso".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.