Lunes, 19 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 22 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Un veciño de Salceda perde a vida ao quedar atrapado baixo o seu camión no Porriño

Axentes da Policía Local de O Porriño atenderon esta mañá o accidente laboral cunha víctima mortal acaecido na empresa "Lear Corporation" no polígono industrial de As Gándaras.

 

O 112 avisou do accidente á Policía Local de O Porriño ás 8.44 desta mañá.

 

Acudiron tamén Bombeiros do Parque Comarcal, Garda Civil e unha ambulancia medicalizada do 061. O médico da unidade asistencial certificou ás 9 horas a defunción duna persoa que quedou atrapada baixo un camión volcado.

 

A Policía Local puido determinar que a víctima era o conductor do camión que transportaba vigas metálicas e unha máquina elevadora. Foi identificado como J. G. M., de 57 anos, transportista autónomo e veciño de Salceda de Caselas.

 

Segundo a inspección ocular, a Policía Local conclue que "cando o conductor quería baixar a máquina elevadora polo lateral esquerdo empregando a grúa do camión, o vehículo envorcou debido ó peso excesivo e a un erro cos estabilizadores. O conductor quedou atrapado baixo a caixa do camión á altura dos mandos da grúa que operaba".

 

O atestado da Policía Local determina que "posiblemente de estar o estabilizador do lateral esquerdo perfectamente aberto, nunca teríase producido o accidente, salvo ruptura de algún manguito ou latiguillos hidráulicos da pata extensible do estabilizador".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.