GALICIA
A Xunta e a Rexión norte de Portugal intensifican a cooperación
O director do Igape, Juan Cividanes, participou en Porto nun encontro da Subcomisión sectorial de desenvolvemento económico da Eurorrexión
O director do Igape, Juan Cividanes, encabezou a delegación da Consellería de Economía, Emprego e Industria que a semana pasada se reuniu na cidade portuguesa de Porto con representantes da Rexión norte do Ministerio de Industria luso para avanzar no desenvolvemento de medidas coordinadas que garantan o desenvolvemento da industria intelixente, innovadora e sustentable que permita a mellora da competitividade de ambos os dous tecidos produtivos.
No encontro, enmarcado na axenda de traballo da Subcomisión sectorial de desenvolvemento económico da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, os representantes das administracións galega e portuguesa avanzaron na programación do cume bilateral sobre o futuro industrial e a cooperación económica que se celebrará o vindeiro ano en Galicia.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Ministerio de Industria luso abordan a cooperación nese eido para acadar medidas comúns de impulso da competitividade
Dando continuidade ás tarefas previstas desde que se constituíu, o grupo de traballo avanzou na definición dun enfoque estratéxico industrial compartido, enmarcado na Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (RIS3T), que facilite promover políticas conxuntas en Bruxelas, co fin de desenvolver un marco regulamentario que garanta os instrumentos da Unión Europea para o apoio e defensa das industrias da nosa Comunidade e o territorio norte luso.
Entre os integrantes desta subcomisión, coordinada pola Asociación Europea de Cooperación Transfronteiriza xunto co Igape, está a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal, dependente do Ministerio de Industria do país veciño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184