Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 24 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Alumnos do Humberto Juanes amosan o seu traballo do 'Día Internacional dos Dereitos do Neno'

Os estudantes de 4º de Primaria reflexionaron sobre os dereitos do neno e lle transmitiron ao rexedor as posibles políticas locais a favor da infancia

O alcalde de Nigrán, Juan González, e parte do seu equipo de goberno, recibiu esta semana no Salón de Plenos do Concello ao alumnado de 4º de Primaria do CEIP Humberto Juanes para que lles expuxesen de viva voz o seu traballo escolar con motivo do Día Internacional dos Dereitos do Neno o 20 de novembro. Os rapaces leron e explicaron os diferentes aspectos recollidos pola ONU na Convención dos Dereitos do Neno e, ademais, suxeriron diferentes iniciativas para cooperar na protección da infancia desde a política local. Así, entre elas, propuxeron que se crease un 'Banco do Tempo', se impartisen clases particulares gratuítas, se cedesen vivendas vacías a xente en situación de vulnerabilidade, se realizasen rastrillos ou, máis en concreto, celebrar eles mesmos un teatro con un fin solidario o 19 de decembro no Auditorio Municipal, cuestión que o rexedor aceptou de inmediato.

 

"Moitas das cousas que nos propuxestes xa as estamos a realizar dentro das nosas capacidades e competencias, pero é certo que temos que mellorar máis e ampliar estas políticas, estamos nese camiño", reflexionou ante eles Juan González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.