VIGO
Vigo contará en decembro cunha nova liña de autobús urbano
O alcalde ven de anunciar que desde o vindeiro mes de decembro funcionará unha nova ruta de transporte urbano entre a Praza de América e a Centro Santa Marta, en Alcabre, logo da petición das persoas maiores ingresadas na residencia para dispor dunha liña de autobús
O Concello de Vigo porá en marcha o vindeiro 9 de decembro unha nova liña de autobús que unirá a barrio das Travesas coa parroquia de Alcabre. Así o avanzou o alcalde, Abel Caballero, tras sinalar que a nova conexión chega despois da petición realizada polas persoas maiores que residen no Centro Santa Marta.
O percorrido será Praza de América, Avenida de Castelao, Tomás Paredes, Avenida Atlántida, Camiño Viña Grande, Camiño Sobreira e Camiño Freixeiro con horarios de saída desde Santa Marta ás 10:15, 16:45 e19:40 horas e saídas desde Praza América ás 12:20, 16:25 e 19:20 horas.
Caballero indicou que a posta en marcha da liña precisou de modificacións en diferentes viais de Alcabre para permitir o acceso dos autobuses. As saídas desde Praza América ás 16:25 e saídas de Santa Marta ás 19:40 horas están orientadas a visitas de familiares a residentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186