Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 28 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación preparou este ano a preto de 60 inmigrantes coas clases de español

O deputado provincial Carlos López Font clausuraba o pasado día 19 en Vigo o terceiro e último curso de español para inmigrantes organizado este ano pola Deputación de Pontevedra. Esta é unha actividade formativa que está encamiñada a que as persoas participantes poidan examinarse da proba DELE A2 (Diploma de Español como Lingua Estranxeira, nivel A2), un requisito imprescindible para que logo poidan obter a nacionalidade española.

En total, este ano a institución provincial formou a 55 persoas para a preparación deste exame.


Este foi o terceiro ano en que a Deputación de Pontevedra organiza estes cursos, cun total de 60 prazas ofertadas. As persoas destinatarias son inmigrantes en situación administrativa regular e maiores de 16 anos, que precisan preparar o exame DELE A2 para a posterior obtención da nacionalidade española.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.