MOTOR
O novo Zoe incorpora fío reciclado nos seus tecidos
O Grupo Renault, inmerso nunha estratexia crecente de incorporación de materias recicladas aos seus vehículos, iniciou en 2015 o proxecto bautizado Àfiler xunto a Filatures du Parc (empresa de fiado de Tarn, en Francia) e Adient Fabrics France (provedores de tecidos para asentos de automóbiles de Ariège, Francia) co fin de deseñar un produto téxtil único, fabricado de maneira exclusiva a partir de materiais reciclados.
Grazas ao seu dominio do fío cardado e ás innovacións desenvoltas de forma conxunta, este produto téxtil (fabricado a partir de cintos de seguridade, retales de teas procedentes da industria do automóbil e fibras de poliéster extraídas da reciclaxe de botellas de plástico [PET]) reviste a partir de agora ao Novo ZOE nos acabados Zen e Intens. Cunha superficie total de 8 m², este tecido utilízase para fabricar fundas de asentos, o revestimento do cadro de mandos, o acabado da panca de cambios e os embellecedores de portas, e responde a estritas esixencias, principalmente en canto a confort, limpeza, resistencia aos raios ultravioleta e vida útil.
A subministración e a fabricación en ciclo curto do fío cardado reciclaxe (sen transformación química ou térmica) permiten reducir en máis do 60 % as emisións de CO2 con respecto ao tecido anteriorde ZOE, froito dun proceso de fabricación estándar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163