GALICIA
O plan contra a vespa velutina busca actuar en todo o territorio galego
O obxectivo deste Plan é concentrar os recursos e os esforzos, ofrecendo unha resposta profesional e eficaz, que será homoxénea en todo o territorio afectado pola velutina
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo; e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industria Agroalimentarias, José Balseiros, mantiveron esta semana unha xuntanza co obxectivo de dar comezo co Plan de loita contra a vespa velutina en todo o territorio galego e así darlle traslado á Fegamp coa que se ten acordado a posta en marcha do Plan e que bote a andar o antes posible.
Xunta e Fegamp acordaron poñer en marcha de maneira coordinada e conxunta un plan de loita contra a vespa velutina na nosa comunidade, cunha previsión de gasto de 2,3 millóns de euros, grazas a fondos propios da Xunta e ao Fondo de Cooperación Local, o que permitirá sufragar os gastos deste Plan de loita contra a velutina. O obxectivo deste Plan é concentrar os recursos e os esforzos, ofrecendo unha resposta profesional e eficaz, que será homoxénea en todo o territorio afectado pola velutina.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184