Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Domingo, 01 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Club Natación comeza novo curso con 141 licencias e retos ilusionantes

O Club Natación Ponteareas presentou a súa tempada 2019-2020 nun acto celebrado no auditorio municipal Reveriano Soutullo e ao que asistiron varias concelleiras e concelleiros do goberno, entre eles o alcalde Xosé Represas e a concelleira de Deportes, Nahir Covelo.


O Club informou que comeza o curso con 141 licencias de deportistas,dende a escola de natación ata grupo de alto rendemento.


Tamén adiantou que o  equipo absoluto participará  na división de Honra Galega (entre os 6 mellores clubs de Galicia) con 2 nadadores bolseiros no Centro de Tecnificación  Deportivo de Pontevedra (que forman parte do equipo Nacional de Augas Abertas) e 4 no Grupo de Especial Seguemento tamén en Pontevedra.

 

Ademais, trasladou aos e ás asistentes que por vez primeira o equipo feminino participará en decembro na Copa de España de Clubs que se celebrará en Madrid.

 

Por último o club engade que haberá presenza de nadadoras e nadadores locais en Campionatos Galegos e Nacionais. “Un horizonte ilusionante, cheo de probas, competicións e organización de eventos (a travesía a nado Vila do Tea, O Campionato Galego de Augas abertas e a etapa final do Circuito Galego de Augas abertas vanse disputar no río Tea). Un horizonte ilusionante por diante para as nadadoras e nadadores!” concluíu o seu presidente Andrés Carrera.

 

Pola súa banda, o alcalde Xosé Represas quixo destacar a importante labor que fan os clubs deportivos e felicitou tanto á directiva como aos deportistas do Club Natación Ponteareas polos seus logros e polo traballo e exemplo de esforzo que levan ofrecido nestes anos de traballo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.