Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 30 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

O BNG califica de "fantasía" o orzamento do Concello

O portavoz nacionalista considera que, “se ben sobre o papel estes orzamentos compren coa legalidade, a realidade é que son moi mellorables”

Aseguran que "o propio informe de intervención recoñece que a estimación de ingresos está inflada e reclama unha redución do gasto corrente"

Para o BNG de Mos, o orzamento do Concello para 2020, aprobado no último pleno cos únicos votos a favor do PP, non se axusta á realidade. O portavoz nacionalista, Gustavo Barcia, tirou de ironía ao afirmar que “nos estraña que non exista unha partida dedicada a piruletas, arcos da vella e unicornios, porque este orzamento roza a fantasía”. O propio informe técnico de Intervención, incluído no documento, cuestiona a viabilidade das contas municipais. Nel recoñécese que a estimación de ingresos está moi por riba do recadado en exercicios anteriores e advírtese da necesidade de diminuír o nivel de gasto corrente, particularmente en partidas de natureza “voluntaria” ou “de escasa relevancia”.

 

O portavoz nacionalista considera que, “se ben sobre o papel estes orzamentos compren coa legalidade, a realidade é que son moi mellorables”. Por este motivo, o BNG presentou no pleno 11 emendas que foron rexeitadas polo goberno do PP. Estas propostas ían encamiñadas ao incremento do gasto social, á supresión ou redución de partidas innecesarias, a ofrecer un maior apoio económico ás entidades culturais, veciñais e deportivas, á recuperación do patrimonio ou á mellora das instalacións das comunidades de augas.

 

Taxas municipais

Segundo Barcia, a memoria da alcaldía incluída nos orzamentos de 2020, “fala da desviación de máis dun millón de euros do ano 2018 coma se fose un fenómeno meteorolóxico contra o cal non se pode facer nada, cando a realidade é que isto se debeu á nefasta xestión do goberno”. O portavoz do BNG critica ademais que Nidia Arévalo “presuma” de conxelar as taxas municipais “cando foi precisamente o goberno do PP quen, por culpa da súa nefasta xestión, aplicou o maior incremento de taxas municipais da historia”. En opinión de Gustavo Barcia, “o que lle molesta á veciñanza non é pagar taxas, senón pagalas e non contar cuns servizos públicos decentes”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.