DEPORTES
O Club de Natación Ponteareas presenta a tempada 2019-20
O Club Natación Ponteareas presentou a súa tempada 2019-2020 nun acto celebrado no auditorio municipal Reveriano Soutullo e ao que asistiron varias concelleiras e concelleiros do goberno, entre eles o alcalde Xosé Represas, a concelleira de Deportes, Nahir Covelo e a concelleira de vías e Obras, Chus Garrote.
O Club informou que comeza o curso con 141 licencias de deportistas,dende a escola de natación ata grupo de alto rendemento.
Tamén adiantou que o equipo absoluto participará na división de Honra Galega (entre os 6 mellores clubs de Galicia) con 2 nadadores bolseiros no Centro de Tecnificación Deportivo de Pontevedra (que forman parte do equipo Nacional de Augas Abertas) e 4 no Grupo de Especial Seguemento tamén en Pontevedra.
Ademáis, trasladou aos e ás asistentes que por vez primeira o equipo feminino participará en decembro na Copa de España de Clubs que se celebrará en Madrid, onde coincidirán con equipos como o Club Natación UCAM Fuensanta da nadadora olímpica Mireia Belmonte.
Por último o club engade que esperan a presenza de nadadoras e nadadores locais en Campionatos Galegos e Nacionais, e como nas derradeiras dúas tempadas, tamén en probas internacionais “Un horizonte ilusionante, cheo de probas, competicións e organización de eventos (a travesía a nado Vila do Tea, O Campionato Galego de Augas abertas e a etapa final do Circuito Galego de Augas abertas vanse disputar no río Tea) por diante para as nadadoras e nadadores” concluíu o seu presidente Andrés Carrera.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163