Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 26 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva: “ninguén poderá deter esta loita”

O MARCO acolleu en Vigo a performance de “Mulleres en acción. Violencia Zero” “para amosar a través da cultura a dor e a loita contra un sistema que nos impide ser libres e cumprir os nosos sonos”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presidiu esta tarde no museo MARCO en Vigo o acto de arranque do programa “Mulleres en acción. Violencia Zero” no marco das iniciativas programadas pola institución con motivo do 25-N, Día Internacional contra as Violencias Machistas.  “Pan duro II”, como así se chamou a performance realizada polas artistas Ana Gesto, María Marticorena, Isabel León e Ana Mateo no MARCO, fixo alusión ao espellismo da igualdade e á pseudoigualade acadada.

 

Na súa intervención, Carmela Silva amosou o compromiso de seguir loitando contra as violencias machistas “ata que haxa violencia cero contra as mulleres, porque non hai nada máis importante que rachar cun sistema patriarcal que practica o feminicidio, non hai nada máis xusto, máis democrático e que sexa maior prioridade que loitar para que as mulleres, a metade da poboación, teñamos todos os dereitos e vivamos libres de violencias”.

 

A presidenta provincial recordou a Sara, a muller asasinada onte en Tenerife. “Xa vai a arrepiante cifra de 52 mulleres asasinadas este ano que, amais, segundo feminicidio.net, ascenden a 93 vidas que seguramente antes do cumio da violencia, que é o asasinato, tiveron que sufrir moitas violencias, moitos maltratos. Dende que hai rexistros son xa 1028 mulleres e estamos fartas. E aínda hai quen se atreve a negar que hai unha violencia que se exerce soamente contra as mulleres…¿Esta sociedade non se conmove? Mentres se sigan asasinando ás mulleres polo mero feito de ser mulleres non seremos unha sociedade plenamente democrática”, asegurou Silva.

 

 

 

 

“Mentres se sigan asasinado ás mulleres polo mero feito de ser mulleres non seremos unha sociedade plenamente democrática”

 

 

 

 

Por estes motivos, tal e como explicou a presidenta, naceu “Mulleres en acción. Violencia Zero”, “que emprega o elemento máis transformador da sociedade, que é a cultura, e amosar a través dela toda a dor que temos as mulleres contra un sistema que nos impide ser libres e cumprir os nosos sonos”. Deste xeito levaremos aos concellos da provincia “contidos, silencios, verbas, poesía, música, teatro, performances para que se sume a xente e cambiar así o mundo”.

 

A performance “Pan duro II” de Gesto, Marticorena, León e Mateo consistiu nunha acción íntima que conflúe de xeito simultáneo. Tratouse novamente dunha acción inédita que compartiu os “moletes de pan” coa performance iniciada onte en Pontevedra, “Pan duro I”. Deste xeito a peza traza unha continuidade coa primeira acción realizada no Pazo provincial da Deputación, sendo os conceptos eixo a "transformación", a "liberación", a "visibilización" e a "reconstrución". A performance foi realizada nos dous niveis do panóptico do MARCO, facendo do espazo un elemento construtor da mesma. Sen embargo, neste caso, as artistas mudaron o elemento común entre Pontevedra e Vigo, o pan, que pasou de ser duro a fresco, aínda que soamente en aparencia. Deste xeito, e rodeadas de numeroso público, baleiraron o interior dos moletes para volver a enchelos das migallas de pan duro empregado onte en Pontevedra facendo, deste xeito, alusión ao espellismo da igualdade e á pseudoigualdade acadada, que moitas veces só oculta unha realidade desigual “disfrazada”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.