Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Viernes, 29 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Chus Garrote acomete a mellora enerxética na N-120 cunha axuda da Deputación de Pontevedra

A concellería de Vías e Obras substitúe as luminarias por lámpadas de tecnoloxía máis eficiente ao longo de 8 kms da N-120

A concellería de Vías e Obras, que dirixe Chus Garrote, informa que nestes días se realizan as obras de mellora enerxética de alumeado na N-120 dende o tramo da Bouzalonga ao tramo do centro cultural de Arcos, máis de 8kms de última tecnoloxía que redundará en aforro enerxético e redución da contaminación, ademais de mellorar a seguridade viaria en tramos urbanos como a rúa Real, no cruce de acceso ao centro cultural de Arcos e no paso polo IES do Barral.


Esta obra foi adxudicada a unha empresa comarcal, Electricidade I.N.M.A.C. CONDADO, S.L, a través dun concurso público aberto simplificado por 74.887€ (ive incluído) financiados con fondos propios a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.


A empresa adxudicataria comezou a traballar xa no tramo de Arcos ata o IES do Barral, para continuar no seguinte que chega dende o citado instituto ata a capela dos Remedios e despois seguir ata a Bouzalonga.


Chus Garrote explica que este proxecto permitirá unha optimización do consumo enerxético, ademais dunha adaptación á normativa vixente coa substitución de luminarias, lámpadas e equipos por tecnoloxías máis eficientes coa instalación de sistemas de regulación do nivel luminoso que permitan a diminución do fluxo emitido ata un 50% do valor en servizo normal, mantendo a uniformidade dos niveis de iluminación durante as horas de funcionamento reducido e a instalación de novos puntos de luz en zonas donde é insuficiente.


“Aínda que a substitución se realizará por luminarias de máis potencia que as existentes debido aos requisitos lumínicos da vía, obterase un importante aforro económico posto que as novas luminarias contan con regulación automática e poden reducir a súa potencia ata un 50% durante as horas de madrugada”, explica Chus Garrote que engade que tamén suporá un aforro no mantemento tendo en conta a longa vida útil da tecnoloxía LED.


Pero ademais, a concelleira de Vías e Obras suliña que estas obras permitirán unha mellora importante da seguridade viaria nun tramo de alta densidade de tráfico e de peóns, sobre todo na zona do instituto do Barral, ao estar mellor e máis iluminada a calzada.


Así mesmo a substitución de preto de 200 luminarias contribuirá na redución do uso de petróleo e derivados camiñando sempre na liña da estratexia de crecemento “Ponteareas, Hábitat Saudable”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.