Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Sábado, 30 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A tosta de lacón con tetilla, cogomelos e gulas gañou os Bocados de Outono

BANASTRA e a concellería de Promoción Económica entregaron tamén os premios ao público

BANASTRA en colaboración coa concellería de Promoción Económica do concello de Ponteareas entregou os premios da ruta gastronómica Bocados de Outono 2019 que recoñeceron non só a tapa máis valorada polo público se non tamén á clientela co sorteo de cinco premios.


O Bocado de Outono da cafetería Balú foi o gañador do concurso de tapas e o que máis puntos obtivo. A súa tosta de lacón con tetilla e bocado de cogomelos con gulas conquistou o paladar da maioría dos participantes nesta edición.


Inma Viejo en representación de BANASTRA, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil entregaron ademais os premios do público a Dionisio Márquez que levou o primeiro premio cun vale de 150€ para comprar no comercio local e tamén o cuarto premio do sorteo consistente nun lote de produtos da Feira de Outono. O concello tamén entregou o segundo e terceiro premio en forma de vales para canxear nos locais de hostalería participantes por valor de 50€ para Paula Vila e para Eva Cameselle, respectivamente. O quinto premio foi para Roberto Davila quen tamén desfrutará dun lote de produtos da Feira de Outono.


Nun exercizo de transversalidade a concellería de Promoción Económica promoveu tamén o comercio local e os negocios da hostalería participante de xeito que os vales entregados son para canxear únicamente no comercio da nosa vila e para promocionar os nosos produtos locais e de tempada.


Eva Gil adianta que nestes días comezarán xa a traballar na vindeira edición recabando información cos e coas asistentes e coa hostaleria para facer as melloras necesarias para que a ruta medre e cada ano sexa mellor.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.