VIGO
Profesionais de colectivos sociais de Vigo reciben formación sobre violencia de xénero
A Asociación Érguete e a Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo organizaron esta semana unha formación para técnicos e técnicas sociais para axudar a mellorar o trato e a detección de casos de violencia machista
Profesionais de distintos colectivos sociais de Vigo recibiron esta masemana formación para a intervención en procesos de violencia de xénero co obxectivo de mellorar o trato e a intervención en casos de violencia machista. Os e as asistentes recibiron unha formación enfocada en gran parte en como detectar un caso atendendo ás actitudes e comportamentos que padecen as vítimas.
Ser capaces de previr e detectar é algo imprescindible para poder axudar ás mulleres a saír dunha relación que pon en perigo a súa liberdade e a súa vida. Este é o camiño para solucionar unha cifra preocupante. Un 60 % das mulleres asasinadas pola súa parella ou exparella non denunciara ao seu maltratador segundo o Portal de Estadística da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero.
Segundo cifras da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero un 60 % das mulleres asasinadas pola súa parella ou exparella non denunciaran previamente. E as que denunciaron tardaron una media de case nove anos
Tamén é necesario mellorar en formación para evitar outro dato preocupante. As mulleres vítimas de violencia de xénero tardan unha media de case nove anos en denunciar ao seu agresor por medo, sentimento de culpa ou por que tardan en recoñecer a situación. Ademais, a violencia que máis tardan en denunciar é a física cunha media de 14 anos segundo a estadística anterior.
Por todo elo é necesario que os e as profesionais sociais teñan as mellores ferramentas para previr e detectar. A formación forma parte do programa Camiños ó Bo Trato organizado pola Asociación Érguete e a Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo subvencionado polo Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.88