Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 27 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación lanza unha nova campaña para fomentar a adopción e a tenza responsable dos animais

A Deputación fará chegar os contidos de “Esteriliza, adopta” aos 61 concellos da provincia, así como a centros escolares e colexios de veterinarios

Acompañada de “Bonni”, unha das últimas cadelas en ser adoptadas no CAAN despois de ser abandonada, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu hoxe a coñecer a nova campaña de sensibilización do Centro de Acollida e Protección de Animais que xestiona a institución na Armenteira, e que dá servizo á 48 concellos da provincia, cunha poboación estimada de 400.000 habitantes. Esta nova campaña, baixo o lema “Esteriliza, adopta”, quere aproveitar a proximidade das festas do Nadal para facer fincapé “na importancia da adopción fronte á compra e tamén na importancia de esterilizar para evitar a cría irresponsable de animais que logo xera tantos problemas e tantos abandonos ou maltrato”, como subliñou Silva, que sostén que este problema “mide tamén que sociedade somos”.

 

“Bonni” é unha das cadelas cuxa imaxe figura nos máis de 13.000 dípticos da campaña que edita a Deputación e, xunto a ela, a outra gran protagonista, como contou Silva, é “Muñeca”, a setter fotografiada nos 9.000 carteis de “Esteriliza, adopta”. O CAAN fixérase cargo desta última cadela despois de que fora abandonada e tamén acaba de ser adoptada por unha familia de Ourense. “Estamos felices da súa adopción _indicou Carmela Silva_ e a historia destas cadelas exemplifica o problema do abandono de animais e a nosa filosofía do que cremos que teñen que ser as súa vidas, cunha adopción que permita que estean nun ambiente de cariño, atención e coidado”. Un desexo que, especialmente, a presidenta fixo público para “Bertín”, o can que máis tempo (seis anos) leva nas instalacións do CAAN á espera de adopción: “Eu pido que o adopten _pediu_. É un can moi bo, cariñoso, que sería unha delicia para calquera familia, creo que amais dos outros cans, o primeiro que ten que ser adoptado é “Bertín” e fago un chamamento á xente que ama aos animais para que o adopte”.  

 

A campaña

Xa falando en concreto da campaña, a presidenta subliñou que “nestas festas moitos animais son obxecto de agasallo entre os máis pequenos e pequenas da casa e queremos concienciar a quen estea pensando en facer este regalo para que adopte un can ou cadela en lugar de mercalo”. “É unha actitude _engadiu_ moito máis responsable, máis social e acorde co benestar animal. E por outro lado queremos sensibilizar sobre a esterilización, para evitar a cría de animais que logo en moitas ocasións acaban abandonados”.

 

Silva, que estivo acompañada do deputado Manuel González, o veterinario xefe do CAAN José Luis Pedreira e o xefe do Servizo de Asistencia Intermunicipal (SAIM) da Deputación, Gabriel Rodríguez, amais da irmá do novo dono de “Bonni”, Ana Fernández, destacou así mesmo os datos positivos que arroxa ata o momento este 2019, tanto no que se refire ao descenso do número de recollidas, con 1.176 ata o 15 de novembro, por 1.788 en todo o 2018, como no incremento notable das adopcións. “Ata mediados de novembro acadamos 410, superando de largo as 360 de todo o pasado ano, e parece que imos romper o récord de 430 adopcións que obtivemos no 2016”.

 

 

 

 

Carmela Silva salientou o incremento das adopcións, con 410 animais entregados, e a redución das recollidas, con 1.176 ata agora fronte ás 1.788 de todo o 2018

 

 

 

 

Desde o 2015, lévanse máis de 1.900 adopcións, “e esperamos que esta nova campaña poida ter tamén unha grande acollida e resposta”. Neste senso, destacou tamén o feito de que as cadeliñas “Mara” e “Anxela”, que foran arroxadas en Cuntis a un colector e se recuperaron no CAAN, foron xa adoptadas, como tamén “Rula”, que foi a súa nai adoptiva no centro.  A presidenta lembrou que as adopcións no CAAN “son gratuítas e o persoal do centro sempre asesora ás persoas interesadas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades”. Trala firma do contrato, os animais saen do centro vacinados, desparasitados e esterilizados. Na páxina web do centro, que é unha das que recibe máis visitas da Deputación (leva máis de 108.000 desde a súa posta en marcha), ademais de poder ver os animais que se atopan no centro, pódense facer todos os trámites relativos ás adopcións.

 

Silva explicou que os 9.031 carteis da nova campaña se distribuirán nos 61 concellos da provincia, así como en centros de educación Primaria e Secundaria, centros universitarios e os Colexios de Veterinarios de Pontevedra, Lugo, A Coruña e Ourense.

 

Nos 13.340 dípticos ilustrados con outros cans do CAAN que se repartirán nestes mesmos lugares, amais das sedes da Deputación en Pontevedra e Vigo, a campaña tenta explicar polo miúdo as consecuencias dunha cría irresponsable, informa sobre os medios e as vantaxes do control da reprodución e tamén sobre os beneficios da adopción fronte á compra. “De non optar por ningunha medida de control en cinco anos, unha cadela podería ter un número amplísimo de descendentes _explicou Silva_. En cada camada, nacen de media de 3 a 9 cachorros segundo as razas, e este elevado número fai moi complicado que quen decide criar en casa poida atopar un fogar axeitado para todos os cachorros. Esta práctica ten consecuencias directas sobre o abandono: algúns se ceden sen control, entréganse a protectoras ou mesmo se abandonan na rúa ou nun colector, como “Mara” e “Anxela”, o cal é unha verdadeira barbaridade. Pero tamén ten unha influencia negativa indirecta sobre a adopción, xa que se reduce o número de animais adoptados en favor de animais criados nas casas e cedidos de xeito irregular”. A campaña tamén lembra que a Lei de Protección e Benestar Animal de Galicia prohibe a cría incontrolada destes animais.

 

En canto aos medios de control da reprodución, “o folleto salienta que os máis recomendables son os cirúrxicos, aínda que é aconsellable consultar sempre ao veterinario ou veterinaria”. “Entre as vantaxes que ofrece a esterilización, está unha vida máis saudable para o animal, a mellora da convivencia, a maior seguridade, a redución do abandono, o incremento das taxas de adopción e, sen dúbida, un maior respecto aos animais”, concluíu . Para rematar, o díptico promove a adopción, facendo fincapé en que “é un acto de xenerosidade e responsabilidade cos animais e coa sociedade”.  “Eu animo a que a xente adopte _concluíu_. No CAAN hai cans e cadelas marabillosos e cariñosos, que se adaptan perfectamente ás familias e que darán moita felicidade ás persoas que os adopten. E tamén a que controlemos o número de cachorros que nacen porque cando non temos actos de responsabilidade o que estamos a facer é provocar que os animais sufran”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.