GALICIA
FeSMC-UGT manifesta a súa desconformidade coa actitude da Xunta no conflito de Naturgy
Dende o día 16 os traballadores e traballadoras galegas de Unitono e Teleperformance deixaron de prestar o servizo telefónico de atención ao cliente de Naturgy
A Federación galega de Servizos, Mobilidade e Consumo (FeSMC-UGT-Galicia) manifesta a súa total desconformidade co xeito de actuar da Xunta no conflito de Naturgy que derivou, finalmente, na desviación das chamadas de atención ao cliente a Colombia e Cataluña. UGT xa viña denunciando dende había meses que isto sucedería.
Esta decisión da eléctrica supuxo que dende o día 16 de novembro deixaron de atenderse dende Galicia os clientes de Naturgy e a consecuencia máis inmediata foi o fin da estabilidade laboral de 130 traballadores e traballadoras de Unitono en Ourense e tamén supuxo que a empresa Teleperformance na Coruña perdese o mesmo servizo e tivese que reubicar a todos os seus traballadores. A pesar das mobilizacións dos traballadores e de todo o esforzo que estes fixeron para denunciar a situación, e mesmo reunirse coa Xunta, esta limitouse a dicir que non podía facer nada.
"A Xunta non fixo nada e aos poucos días adxudica un contrato a Naturgy. Unha labazada para os traballadores de Ourense e Coruña. Premia a empresas que destrúen emprego en Galicia Pero resulta que a Xunta non só non fixo nada, senón que acaba de adxudicarlle un contrato de máis de 100 millóns de euros a Naturgy. Dende FeSMC-UGT Galicia entendemos que estas actitudes son unha labazada por parte da Xunta, non só para os traballadores e traballadoras de Ourense e da Coruña, senón tamén para todos os galegos e galegas porque parece que se premia con contratos públicos a empresas que destrúen o traballo estable en Galicia" aseguran.
"Urxe que as administracións lexislen para evitar a deslocalización de servizos e que comecen a facer uso da Lei de contratación pública, buscando a calidade do servizo e condicións laborais dignas e non só o baixo custe Creemos que é hora de que as administracións públicas lexislen para evitar a deslocalización de servizos, que só da lugar ao empobrecemento dos traballadores galegos, e que tamén se empece a facer uso da Lei de contratación pública, non só buscando o servizo máis barato, senón tamén o mellor para os cidadáns, garantindo a proximidade de atención e que os traballadores e traballadoras gocen dunhas condicións laborais dignas" explican.
Dende FeSMC-UGT Galicia "cremos que a política está para servir aos cidadáns e que as administracións coma a Xunta deben dar exemplo. Non todo vale cando estamos a falar do futuro de todos os traballadores e traballadoras do sector e, neste caso, especialmente, os traballadores de Unitono e Teleperformance" indican.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184