VIGO
Caballero: "Queremos un decreto lei urxente que nos permita reutilizar o superávit deste ano, 5.000 millóns"
O presidente da FEMP anunciou que tamén lle pedirá á ministra de Facenda algún mecanismo para devolver aos gobernos locais máis de 750 millóns do IVE de 2017. Na primeira Xunta de Goberno do mandato, Caballero avanzou que a Federación adaptará o texto para a modificación da lei sobre plusvalías ás últimas sentenzas do Constitucional
O presidente da FEMP, Abel Caballero, anunciou que pedirá unha reunión urxente coa ministra de Facenda para que o Goberno elabore un decreto lei que permita aos gobernos locais reinvertir o seu superávit de 2019 que, segundo calcula, será de case 5.000 millóns, un 0,4% do PIB. "Queremos un decreto lei -explicou – porque prevemos que non haberá lei de orzamentos aprobada antes de marzo do próximo ano". A norma, asegurou Caballero, deberá contemplar "como xa sucedeu este ano", que o superávit poida licitarse en 2020 e rematar de executarse en 2021, así como ampliar o catálogo de inversións financeiramente sostibles.
O presidente, que encabezou esta semana a primeira Xunta de Goberno da FEMP deste mandato 2019-2023, subliñou que "en 2019 seguiremos a ser a administración máis cumpridora da arquitectura constitucional española, porque seguiremos tendo superávit, reducindo débeda e mantendo teito de gasto". Sobre esta última cuestión, tamén demandará a "plasmación en normas dos acordos do grupo técnico sobre teito de gasto", acordos alcanzados a finais do verán pero que foi imposible levar adiante cun goberno en funcións.
Entre eses acordos figuran a exclusión dos gastos atípicos extraordinarios do cómputo sobre teito de gasto: a incorporación dos gastos plurianuais -fundamentalmente os relacionados con Europa -: que as transgresións de teito de gasto que se solucionen a través de remanentes non leven aparellada a elaboración dun Plan Económico Financeiro (PEF); e que a lei de finanzamento teña un regulamento.
O presidente, que valorou de forma positiva a recepción nos gobernos locais das entregas a conta este próximo mes, asegurou "falta por resolver o problema do SI-IVE, a cota mensual de decembro de 2017" que "se escatimou aos concellos e deputacións por razóns contables", e que ascende a 753 millóns de euros. "Ao seu xuízo poderíase arreglarse doutro xeito" e "queremos reclamalo". O mecanismo para retornar esta cantidade é outra das cuestións que o presidente da FEMP prantexará á titular de Facenda.
En relación co imposto de plusvalías, pendente a súa reforma da actividade lexislativa das cámaras, Abel Caballero anunciou que, ao texto xa acordado para tramitación, engadiranse modificacións que se axusten á última sentenza do Tribunal Constitucional, no senso de que "a cota do imposto non pode superar a plusvalía que efectivamente tivera o suxeito pasivo".
Caballero concluíu lembrando que "queremos a reforma da financiación local, queremos que se faga simultaneamente e en paralelo á financiación das comunidades autónomas. Non queremos quedar de factor residual" despois da negociación da financiación autonómica", asegurou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.88