VIGO
Todos os grupos reclaman á Xunta 12 millóns para reformar centros educativos de Vigo
O Pleno de Vigo decidiu esta semana por unanimidade solicitar á Xunta que asuma as súas competencias en materia educativa na cidade de Vigo. Concretamente, instan a introducir nos orzamentos de 2020 unha partida de 12 millóns de euros para acometer as reformas integrais precisas en moitos centros educativos de Vigo
A unanimidade do Pleno acordou esta semana instar á Xunta a introducir nos orzamentos de 2020 unha partida de 12 millóns para abordar a reforma integral de centros educativos da cidade. A moción defendida polo concelleiro de Educación, Gorka Gómez, reclama ao Goberno autonómico que asuma as súas competencias e atenda a demanda da comunidade educativa da nosa cidade.
Outro dos acordos acadados en sesión plenaria pasa por demandar á Xunta que dote de persoal axeitado ao Centro de Emerxencia de Vigo que atende a mulleres vítimas de violencia de xénero de toda Galicia. Tal e como explicou a concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, é preciso que nese centro haxa profesionais para atender aos nenos e nenas que conviven coas nais. O texto, aprobado cos votos a favor do PSOE, do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito do BNG, tamén solicita a modificación do decreto que regula os Puntos de Encontro e que se tomen as medidas oportunas para que este servizo permaneza aberto durante todo o ano.
Finalmente, os votos do PSOE e da Marea deron luz verde a unha moción que pretende que a Xunta retire do anteproxecto de Lei para a creación da sociedade definida como a "Sogama da agua" calquera mención aos concellos en relación a novas imposicións de obrigas de financiamento de obras hidráulicas e/ou saneamento. Esta iniciativa contou co voto en contra do PP e do concelleiro non adscrito do BNG.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.88